Introducción | Tarefa | Proceso | Recursos | Avaliación | Conclusión | Créditos

Webquest Ribeira Sacra

canhon.jpg

Autor: Norberto Blanco Dorrío

E-mail: nbdorrio@teleline.es

Área: Coñecemento do Medio

Nivel: 3º Ciclo E. Primaria - ESO



INTRODUCCIÓN

Xa coñecedes un pouco a Ribeira Sacra debido á viaxe que fixemos a ela no mes de abril. Agora o que se pretende é que ampliedes o coñecemento desta zona buscando información nas enciclopedias da Biblioteca do colexio ou nas direccións que se facilitan nesta web. Para conseguilo leredes con atención esta web e seguiredes as instruccións que se vos marcan.

¡¡¡Ánimo e que teñades unha boa viaxe por estes fermosos e paraxes!!


TAREFA Ó final deste traballo deberedes presentar un documento de word, que exporedes a toda a clase na pizarra dixital, no que teredes que tratar os seguintes puntos como mínimo:

 Ribeira Sacra

  • Localización.
  • Características principais da zona.
  • Principais mosteiros da Ribeira Sacra ourensá:
    • Santa María de Xunqueira de Espadañedo.
    • Santa María de Montederramo.
    • Castelo de Castro Caldelas.
    • San Pedro de Abeleda.
    • Santa Cristina de Ribas de Sil.
    • San Estevo de Ribas de Sil.
    • San Pedro de Rocas.

PROCESO
  • O primeiro que debedes facer e buscar información na biblioteca do centro ou en internet sobre a Ribeira Sacra.
  • Tomaredes notas no caderno de informática.
  • Unha vez que teñades a información necesaria elaboraredes un documento en word con texto e imaxes seguindo o esquema anterior.
  • O traballo será exposto ante toda a clase coa axuda da pizarra dixital.

RECURSOS

Ademáis das enciclopedias da biblioteca podedes encontrar información nas seguintes webs:


AVALIACIÓN

Na avaliación deste traballo teranse en conta os seguintes aspectos.

  • Os calidade dos contidos tratados no documento.
  • A calidade do texto incluído: ortografía, sintaxis, léxico...
  • A presentación e secuenciación dos contidos.
  • A exposición oral do traballo ante a clase.

CONCLUSIÓN

Unha vez finalizadas as exposicións reflexionaremos sobre o traballo realizado, sobre o que aprendemos e sobre o que nos queda por aprender.


CRÉDITOS

Para a realización desta webquest usei a seguinte fonte de consulta:

-Aula Tecnológica Siglo XXI: www.aula21.net


 
Imprimir - Arriba

(Páxina creada con Xerador 1,2,3 a túa WebQuest - http://www.aula21.net/)