Dereitos da Infancia


  Dereitos da Infancia

En 1959, as Nacións Unidas aprobaron unha "Declaración dos Dereitos do Neno" que incluía 10 principios. Pero non era suficiente para protexer os dereitos da infancia porque legalmente non tiña carácter obrigatorio. Por iso en 1978, o goberno de Polonia presentou ás Nacións Unidas a versión provisional dunha Convención sobre os Dereitos dos nenos.

Tras dez anos de negociacións con gobernos de todo o mundo, líderes relixiosos, ONG, e outras institucións, logrouse acordar o texto final da "Convención sobre os Dereitos do Neno", o 20 de Novembro de 1989, cuxo cumprimento sería obrigatorio para todos os países que a asinasen. A Convención converteuse en Lei en 1990, logo de ser asinada e aceptada por 20 países, entre eles España. Hoxe a Convención xa foi aceptada por todos os países do mundo, excepto dous (Somalia e Estados Unidos).


RECURSOS na web de Enrédate.org
Enrédate.org Reportaxe moi interesante para traballar cos nenos na aula.. Kimbo Actividade moi interesante organizada por Unicef (Enrédate.org) que consiste en meterse no papel dun neno que non teña asegurados os seus dereitos. Moi boa.
Dereitos do neno Recopilación dos dereitos da infancia adaptados aos máis xóvenes, elaborados por Enrédate.org. Ernrédate.org Todos os recursos da web de Unicef.

Máis recursos

Rayuela.org

Web moi interesante onde se ofrecen recursos moi interesantes para traballar algúns dos dereitos da infancia con alumnos de Ed. Primaria e Infantil.

Pilar Rodríguez

Sitio de Google, moi interesante onde se ofrecen una compilación de recursos dotras webs para traballar algúns dos dereitos da infancia con alumnos de Ed. Primaria e Infantil. MOI BO