Leyenda de San Valentín

Eros o Cupido, el dios del amor


Lenda de San Valentín

A historia do día de San Valentín comeza no século terceiro cun tirano emperador romano e un humilde mártir cristián. O emperador era Claudio III. O cristián era Valentino. Claudio ordenara a tódolos cristiáns adorar a doce deuses, e declarara que asociarse con cristiáns era un crime castigado coa pena de morte. Valentino dedicárase ós ideais de Cristo e nin sequera as ameazas de morte o detiñan de practicar as súas crenzas. Valentino foi arrestado e enviado a prisión. Durante as últimas semanas da súa vida, algo impresionante sucedeu. O carcereiro, sabendo que Valentino era un home de letras, pediulle permiso para traer a súa filla, Xulia, a recibir leccións de Valentino. Xulia, que era cega desde o seu nacemento, era unha rapaza preciosa e de mente áxil. Valentino leulle contos da historia romana, ensinoulle aritmética e faloulle de Deus. Ela viu o mundo a través dos ollos de Valentino, confiou na súa sabiduría e encontrou apoio na súa tranquila fortaleza.

"¿ Valentino, é verdade que Deus escoita as nosas pregarias ?" Xulia preguntoulle un día. "Si, miña nena. El escoita todas e cada unha das nosas pregarias," respondeulle Valentino. "¿ Sabes o que lle pido a Deus cada noite e cada mañá ? Eu rezo para poida ver. Teño grandes desexos de ver todo o que me contaches !" Valentino contestoulle, "Deus sempre fai o mellor para nos, se cremos Nel." "Oh, Valentino, eu si creo en Deus", dixo Xulia con moita intensidade. "Eu creo." Ela axeonllouse e apertou a man de Valentino. Sentáronse xuntos, cada un en oración. De súpeto, unha luz brillante iluminou a celda da prisión. Radiante, Xulia exclamou, "Valentino, podo ver, podo ver!" "Gloria a Deus!" exclamou Valentino.

Na véspera da súa morte, Valentino escribíulle unha última carta a Xulia pedíndolle que se mantivera preto de Deus e firmouna "Do Teu Valentino". Valentino foi executado ó día seguinte, o 14 de febreiro do ano 270, cerca dunha porta que máis tarde fora nomeada Porta de Valentino para honrar a súa memoria. Foi soterrado na que é hoxe a Igrexa de Praxedes en Roma. Conta a lenda que Xulia plantou unha Amendoeira de flores rosadas xunto a súa sepultura. Hoxe, a árbore das améndoas é un símbolo de amor e amizade duradeiros. En cada 14 de febreiro, o día de San Valentín, mensaxes de afecto, amor e devoción son intercambiados arredor do mundo.

Outra historia relata que San Valentín foi sacrificado porque dedicouse a casar parellas a pesar de que o emperador llo prohibira. Ó parecer, o dirixente romano tiña a crenza de que os soldados casados non eran tan bos e eficientes coma os solteiros.


Ademais, na antiga Roma, o 15 de febreiro celebrábase o día da fertilidade ou lupercalia, en honor do deus Lupercus.

 


Eros ou Cupido, o deus do amor


       Eros non figura entre as divindades primordiais, senón que é fillo de Afrodita, a deusa que personifica o amor e é un dos deuses máis novos do Olimpo.

     Eros é a forza misteriosa que coordina os elementos e asegura a perpetuidade da vida.

    As festas na súa honra chámanse erotidia e celébrase cada cinco anos. En Atenas tiña un altar e algúns outros templos en diversos puntos, pero en xeral, o seu culto ía asociado a outras divindades, como Afrodita e as Gracias.

     O tipo de Eros modifícase co tempo a través do arte. As primitivas figuras, obxecto de culto, son pedras en bruto. Despois Eros, adquire forma humana, e máis tarde añádenselle ás para expresar a lixereza de acción do deus. A partires do século V Eros aparece con aspecto de adolescente, case sempre na compañía de Afrodita.

     Ademais das ás, atributo case constante en Eros, leva con frecuencia arco e frechas.

     O arte helenístico preséntao como un neno de gran beleza, nu e de aire traveso.

    Por último, na época helenística, Eros cobra un carácter fúnebre e represéntaselle en estelas e sarcófagos. Tamén se relaciona con Psiquis, de quen se di que o el deus estivo namorado.

     É a máis fermosa das historias relativas a Eros a de Psiquis, personificación da alma humana. Psiquis era unha fermosa doncela amada de Eros, que a levou a un castelo, onde vivía soa; nunca se mostraba a súa amada, que debía recibirlle na máis absoluta escuridade. Ela, muller ó fin e picada pola curiosidade prendeu unha vez una lámpada de aceite e contemplouno; extasiada pola fermosura de Eros, inclinou sobre el a lámpada e as gotas de aceite fervendo que caeron sobre o seu corpo nu espertando a Eros, que desapareceu irritado; Psiquis quedou abandonada na terra, soa e desconsolada, ata que despois de moitas tribulacións obtivo o perdón de Eros, e os deuses lle concederon a inmortalidade, que desde entón gozou no Olimpo en compañía do amado.

    No mundo romano recibiu o nome de cupido.