Hoxe en día continúa a loita pola igualdade entre homes e mulleres.

¿Hai igualdade entre homes e mulleres ?

 

O que se reivindica é unha igualdade de dereitos entre ámbolos sexos, e non só na  redacción das leis, senón na aplicación das mesmas e nos seus resultados, pois unha lei magnífica pode ser mal aplicada e incluso, estando ben aplicada, pode ir en contra dos obxectivos cos que se deseñara dita lei.

Estes aspectos deben seguir sendo reivindicados, pois o obxectivo final da igualdade non se conseguiu, e para elo simplemente temos que remitirnos aos datos de desemprego, horas de traballo dentro do fogar e fora del, posición laboral, soldos, abusos, agresións, etc. 

Aínda queda moito por facer e hai marxe para mellorar o apoio ás familias no ámbito salarial, fiscal  e educativo: equiparación salarial, mellorar as prestacións fiscais por fillos, ampliar a educación gratuíta aos cero anos para favorecer a incorporación da muller ao traballo...

Por outra banda, é prioritario incidir na formación cultural e educativa, para erradicar hábitos e culturas de discriminación, de marxinación ou de violencia de xénero.

Non debemos esquecernos das mulleres inmigrantes que por ser muller e por ser inmigrante sofre un dobre proceso de discriminación, que as fai especialmente vulnerables.

As conquistas foron moitas desde  1908, pero queda dabondo por facer.