XAN O TROGLODITA

  Personaxes:

  • Narrador

  • Xan

  • Xiana

  • Prima

  • Primos (3)

  • Tía

  • Nai

  • Pai

(Paisaxe con unha caverna ó fondo ;explanada con peles secándose  encima de pedras froitos secos,peixes colgados en paos) 

NARRADOR: Din os libros que os nosos antepasados vivían en covas para protexerse do frío e do mal tempo.

Alí preparaban a comidas durante o día e durmían pola noite. Pero o resto do tempo non estaban sen facer nada.

O noso protagonista, Xan, que quere dicir habitante das cavernas, nunca deixaba de maquinar cousas coa súa pequena cabeza... 

XAN:- ¡Xiana! ¡Xiana! ¡ven axiña! Hoxe teño unha gran idea.

 XIANA: -¿qué idea?

 XAN:-Achégate onda min, para que os nosos primos non nos oían. Sempre se queren meter nas nosas cousas e xa me están cansando.

 XIANA:-Di,¿qué é o que me queres contar?

 XAN:-Hoxe baixaremos ata ó río que está detrás da cova e alí ensinareiche uns peixes que teñen raias.

 XIANA:-¿raias? Nunca vin un peixe con raias.

 XAN:-Pois hoxe valos ver.

(Cando van saír aparecen os seus primos)

 PRIMO:-Xan, Xiana ¿adonde ides?

 XAN:-A ningures

 PRIMA:-Iso paréceme imposible, sempre vos traedes algo entre mans.

 XAN:-Chtisss... é un segredo para Xiana , a miña irmá.

 PRIMO:-¡Cóntanos ese segredo por favor!

 XAN:-E que quero darlle unha sorpresa a Xiana.

 PRIMA:-Xiana, déixanos participar da sorpresa tamén a nos, por fi... Xa sabes que nós somos os teus primos preferidos.

 XAN .- Xa

 XIANA:-¡¡Valeeeee! Imos todos xuntos, a min non me importa, pero con unha condición. 

PRIMO:-¿Cal?

 XIANA :-Que non llo concedas ós primos maiores ;eses sempre nos están a espiar e  vanllo contar todo ós nosos pais, e claro, logo non nos deixan saír.

 PRIMA:-Ben iso está feito (cruza os dedos índice e lévaos á boca repetindo:

              Nada direi, nada direi

             para min soiña

             o gardarei.

XAN :-¿E ti primo que? 

PRIMO:-De acordo, eu tamén recito a miña promesa

               Nada direi, nada direi

               para min soiño

               mo gardarei.

 XIANA:-Ben imos logo, antes  de que veña alguén.

 XAN:-Andando, que xa é tarde. (Saen cantando unha canción)        

         “Imos cantando ó río

           xa vou, xa vou

           xa vou, xa vou

           imos para ó río

           onde nos esperan

           peixes de cores

           xa vou, xa vou

           xa vou, xa vou.

 SEGUNDO ACTO

 (Arbores ó lado do río. Se escoitan paxaros e os árbores móvense. Chegan os nenos e tómbanse ó lado do río)

 XAN.-¡Ssssss! Si facemos ruído os peixiños non saen.

 PRIMA:-¿Onde está a sorpresa? Todos sabemos que os peixes están no río. 

XIANA:-Xa o sei prima, pero Xan díxome que hai peixes de raias

 PRIMO:-¿De raias? 

XAN:-Si, de raias pero temos que estar calados se non non saen.

 TODOS :-Valeeeee

 (Óese unha música de fondo e eles miran para abaixo intentando distinguir os peixes) 

XIANA:-Eu creo que se agachan debaixo do barro.

 PRIMA:-Eu tamén vin como se moven as plantas do fondo.

 XAN:-Esperade un momento, vou remover co meu pao, así...

 XIANA:-¡esquí! ¡esquí! ¡Algo se move!

 XAN:-Será mellor que pare de remover a auga, para que non se enturbe máis.

(Música de fondo)

 TODOS:-¡Oooooh!

 XAN:-¡Por fin! Fixarvos que raias de cores tan distintas.

 XIANA:-¡Son tan bonitas!

 PRIMO:-Xan, ti cres que poidamos coller algún?

 XAN:-Son moi grandes, pero un... quizais si poidamos levalo para a cova.

 PRIMA:-Xiana imos coller unhas follas grandes desta árbore para envolvelo mentres o meu irmán e Xan intentan pescalo.

 XIANA:-De acordo.

 XAN.-¡Eh, vinde! ¡vinde axiña! collín un peixe de raias. Vinde. Correde.

 XIANA:-Xa estamos eiquí. ¡Oh! ¡que marabilla¡ ¡Que peixe máis bonito!

 PRIMO:-Imos envolvelo coas follas.

 PRIMA:- ¡Levámonolo!

 XAN:-¡Vedes como o logramos!

 XIANA.-Gracias Xan a túa idea é marabillosa.

  TERCEIRO ACTO

 Un cruce de camiños, os nenos séntanse a descansar. O narrador aparece por unha esquina)

 NARRADOR.-Esta historia tenvos un misterio, porque os homes e mulleres daquela remota época, que vos recordo eran trogloditas, non tiñan ningunha das cousas que agora a nós, nos parecen imprescindibles. Por esa razón ían sempre cos ollos ben abertos  para ver se descubrían algo novo a cada paso. ¡Estade atentos! ¡Algo grande vai ocorrer!

 PRIMO.-Somos os primeiros que collemos un peixe con raias de cores.

 XAN:-Si, a verdade é que cando o vin por primeira vez, pareceume marabilloso, pero agora, que o temos tan pretiño, en fin, pareceume que tivemos moita sorte cando o collemos no río. Si, Si... 

PRIMA:-Cando o contemos na cova, non nolo van crer ¡eh!

 XIANA.-Pois non terán outro remedio que crelo. (Está apartada do grupo xogando cun pao).

 XAN:-Dentro duns días, cando a carne do peixe estea seca, ímonos dar un banquete. ¡Humm!. 

PRIMO:-Por suposto.

 PRIMA:-¡Xa me estou relambendo!

 XIANA:-A nós tennos que tocar unha parte máis grande porque o topamos, o pescamos e o secamos. ¿non si?

(Segue xogando co pao e sen querer fai o debuxo do peixe, do río. Leda grita:

¡Xan, primo, prima! ¡vinde axiña!

 XAN:- ¿Que pasa?

 PRIMO:-¿Que estás facendo? ¿Non estarás molestando aos espíritos?

 PRIMA:-¡¡Huuuuyy!! ¡que medo!

 XIANA:-Eu non molestei a ninguén, so estaba xogando con este pao e apareceu un... non sei, apareceu outro peixe no chan. 

XAN .-Tranquilos, calma, imos pensar...

(Séntase ao redor do debuxo e repásao co dedo e, fai outro igual).

 TODOS;-¡Oooooh!  ¡outro!

 PRIMO:-¿Serán os espíritos?

 PRIMA:-¡Teño medo!

 XIANA:-Non te asustes, seguro que Xan sabe o que é.

 XAN:-Non sei o que é, Xiana, pero se o fixemos a partir da Natureza, seguro que non é nada malo. Será mellor que volvamos á cova, os nosos pais e parentes teñen que  coñecer algo tan sorprendente.

 XIANA:-¿Pero como imos levalo?

 XAN:-É certo, pois imos poñelo nesta rocha e ao seu lado o peixe.

 TODOS:-Estupendo.

 CUARTO ACTO

 (Chegan os nenos co seu descubrimento. Saen da cova os pais, os tíos e os primos sorprendidos) 

XAN:-¡Pai! ¡nai! Mirade, dous regalos da Nai Natureza: un peixe de raias e algo que non sabemos o que é.

 NAI:-Fillos ¿onde estivestes?

 XIANA:-Xunto ó río, detrás da cova.

 TÍO:-Non estariades molestando a alguén?

 XAN:-Non te preocupes tío, que non fixemos nada malo e ademais non molestamos a ninguén. 

TÍA:-Será mellor que baixedes eses regalos para que non vos pesen tanto.

PRIMO 3:-¡Seguro que son parvadas!

PRIMO 4:-Como sempre.

PAI:-Fillos imos ver o que trouxestes.

NAI :-¿Que é eso que traedes pegado a esa pedra?

XIANA:-Non sabemos nai, eu estaba a xogar cun pao, e, sen querer o peixe pegouse na pedra. 

TIA :- E o peixe como o secastes para pegar na pedra. 

XAN :-Non, non Xiana estaba co pao xogando na terra e de pronto apareceu ese peixe. 

XIANA:-Si, pero ó pisar nel desaparecía, volvía xogar co pao e o coller a terra para tráelo, volvía desaparecer. 

PRIMO:-Nos pensamos que eran cousas dos espíritos, que estaban enfadados.

PRIMA:-Eu pasei un pouco de medo.

XAN:-Collemos unha pedra afiada, e, puxemos o peixe aquí.

PAI:-Non podemos seguir falando así. Temos que darlle un nome.

NAI:-Pero ¿cal?

XIANA:-Tamén podo facer árbores, o río... 

PAI:-Desde agora a estas copias dos obxectos que se poidan facer da Nai Natureza, chamarémoslle...”debuxos” 

TÍO:-Temos que darlle as gracias a Nai Natureza porque nos regalou os debuxos para as nosas covas e, estas pinturas  servirán para falar entre nos. 

XIANA:- E tamén van servir para comunicarnos con outras persoas . 

NAI:-Claro que si ¿qué ben! 

TODOS:-¡Grazas!

(colócanse ao redor  do  peixe para bailar) 

 ARAM  SAM, SAM

 ARAM ,SAM,SAM.

 CUNI,CUNI,CUNI CUNI       BIS

 CUNIRAM,SAM SAM. 

 AGABI,AGABI

 CUNI CUNI,CUNI.CUNI

 CUNIRAM,SAM,SAM         BIS

 

NARRADOR:-Deste xeito, ou outro moi parecido, os seres humanos foron protagonistas, dun dos máis grandes descubrimentos da Humanidade: A Linguaxe.

Invítovos a todosa a que nos acompañedes nesta danza de Aleluia.

FIN