TODO É UN CONTO 

Narrador:       Había unha vez unhas doutoras que nunca tivera sorte na súa profesión. Un día decidiu poñer unha clínica para personaxes de contos, pois el nunca oíra falar de que existise ningunha. Isto que ides ver é o seu primeiro día de traballo.

 Narrador:       Os primeiros en entrar na consulta son dous irmáns,

Hansel e Gretel que comeron pasteis a fartar.

(Entran Hansel e Gretel)

 Hansel e Gretel:  ¡Bos días!

 Todos:             ¡Bos días!

 Hansel:           Eu son Hansel e ela Gretel, aínda que non sei se non será ao revés. Ela ...

 Gretel:            Eu son Gretel e el Hansel.

 Enfermeira 1:  E, ¡Que vos trae por aquí?.

 Gretel:            Como sabedes nós somos os personaxes do conto “ A casiña de chocolate”, e mire como temos os dentes de tanto comer chocolate e caramelos.           

 Hansel:           Nós o que queremos é que en vez de chocolate nos poñan goma de mascar sen azucre ou caramelos deses que son “laai”.

 Gretel:            Ou mesmo froitas. Amorodos, cereixas ...

 Doutor:           Non, iso non podería ser, con tanta froita pasarían o día escagarriados e non poderíamos abri-lo conto; ¡¡cheiraría que apestaría!!

 Enfermeira 2:  Ademais, doutor, as toalliñas de limpar o cu non entran no seguro. Só pode axudarlles dándolles unha boa pasta de dentes.

 Doutor:           ¡¡Xusto!! Ten razón a enfermeira. Deberedes lavar os dentes cada vez que comades unha lambetada.

 Hansel e Grtel:     Grazas doutor.

 Enfermeira 1:  ¡¡Hei!!, hai que pagar. 

 Gretel:            Xa lles pagaremos cando teñamos os dentes sen caries.

 Doutor:           Xa empezamos ben.

 Narrador:       Entra a carapuchiña,

e vai un pouco asustadiña.

 (Entra Carapuchiña)

 Carapuchiña:  ¡Bos días! Veño que perdo o alento,o meu gorriño colorado, no bosque é coñecido, e o lobo tenme perseguido, de momento saín sacudido.

 Enfermeira 2:  Tranquila, muller, non vai pasar nada.

 Carapuchina:  ¿Dis, que non vai pasar nada? Que pouco sabes. Duro neste mundo menos do que canta un galo. En canto me acerco ao bosque, ven o lobo e pápame.

 Doutor:           E eu, ¿en que podo axudala?

 Carapuchiña:Pois eu quería que me dese unha cremiña velenosa para dar polo corpo. Así, cando o lobo me fincase o dente, sería lobo morto.                                 

 Doutor.           Ben, vouche dar unha que ten algo de veleno, pero non che aseguro nada.

 Carapuchiña:  mire doutor, ¿non podería darme unha que tivese tamén bronceador? Así, ao mesmo tempo que mataba o lobo quedaba moreniña.

 Doutor:           ¡¡Vaia!!, esta Carapuchiña é un pouco descarada. Tomé a receita e marche.

 Enfermeira 1:Que nos pague antes.

 Carapuchiña:  (Xa saíndo) Heille pagar cando vexa ao lobo morto.

 Narrador:       Entra agora a avoa,

esta, ¡¡calquera día voa!!

 (Entra a avoa)

Doutor:           ¿E vostede, señora, que ten? Gripe, tose, tensión arterial...

Avoa:              Non..., Non..., ¡teño medo!

Doutor:           ¿Medo? E ¿que lle podo facer eu?

Avoa:              Preciso un carriño con motor, así... poderei escapar do lobo. A Carapuchiña está dura, el quéreme comer a min, pois eu, como ve, estou de bo ano. Por certo o carriño se pode ser tuneado mellor que mellor.

 Enfermeira 1: ¡Vaia! ¡vaia! ... coas aboas de agora... con tanto baile no fogar do pensionista están en forma.

 Doutor:           Eu rodas non lle teño, pero alí enfronte hai un  mecánico que a pode axudar.

 Avoa:              Grazas e ata logo doutor.

 Enfermeira 1:¡¡Eh...eh!! ¿e logo, non paga?

 Avoa:              Logo tampouco. Xa lle pagarei cando veña no meu carriño “tuneado”.

 Narrador:       Esta nena ven sen os osiños,

Pero polo pelo todos sabemos que é Riciños.

 (Entra Riciños de ouro)

 Riciños de ouro: ¡Ai, doutor! Que problema tan grande teño, estou engordando perigosamente.

 Enfermeira 2: Ti es Riciños de ouro, a do conto dos “Tres Osiños”.

 Riciños de ouro:Sonche, muller, son. Resulta que cada vez que unha nena le o conto, eu teño que comer da comida dos tres osiños e estou perdendo a miña fermosa figura.

 Doutor:           Eu o único que podo facer é darlle unhas pastillas laxantes, é dicir o que ir a “caja...”, ou para ser máis fino, vai ir o WC,  pero non lle aseguro que adelgace.. pois, se ten que comer tanto...

 Riciños de ouro:¡Ai!, ¿non me asegura nada?, pois ha de cobrar cando adelgace.

 Enfermeira 1:¡¡¡Outra que se vai sen pagar!!!

 Narrador:       ¿Coñécena?

Aínda que cambiou o seu vestido de serventa

segue sendo Cincenta.

 (Entra Cincenta)

 Cincenta:        (Timidamente) ¡Ola!, síntoo moito vir así, toda porca, pero eu son Cincenta.

 Enfermeira 2:Cincenta....¡¡¡pobre!!!

 Enfermeira 1: Sente, sente.

 Cincenta:        Varrendo e fregando pásame a vida, sufrindo os desaires da nai e das filliñas e por iso teño os pés cheos de feridiñas.

 Enfermeira 1: ¡E logo?

 Cincenta:        Resulta que o zapatiño que me traen a probar non é do meu número, pero eu quero saír da miseria e meto o pé nel como podo.

Doutor:           Vouche dar un remedio caseiro, pois non tes pinta de ter cartos para a botica, daraslle todas as noites unhas fregas de mexo de rapaciño.

Cincenta:        Grazas doutor, gustaríame pagarlle, pero ben ve que son unha pobre.

Doutor:           Non se preocupe, váiase tranquila.

Cincenta:         “Je, Je, ...” Este doutor é tan parvo, que non se decatou de que eu non son cincenta agora o zapato vaime servir a min e casarei co Principe, “je, je,..”

Narrador:       Non vos asustedes porque entre o lobo

paréceme que ... está un pouco tolo.

 (Entra o lobo e todos berran)

 Todos:             ¡Ai!, ¡ai!, ¡¡¡un lobo!!!

 Lobo:              (Con voz grave) tranquilos, eu son  o lobo do conto “A Carapuchiña Vermella” e estou programando para comer só Carapuchiñas. Vos non me gustades, eu son un bo colega.

 Enfermeira 2: ¿E entón que o trae por aquí?

 Lobo:              Resulta que as Carapuchiñas de agora xa non son coma as de antes. Antes eran brandiñas e zumarentas, mesmo daba gusto comelas. Agora comen tanta fibra e fan tanta ximnasia que non hai quen lles crave o dente.

 Doutor:           ¿E que quere que faga eu?

 Lobo:              Quero que vostede recomende na televisión, na prensa e nas súas conferencias que as Carapuchiñas coman papas de fariña de trigo, fariñas de cinco cereais, iogures, ... para que logo estean máis brandiñas.

 Enfermeira 1:  É vostede un pouco descarado, ¿non lle parece? Marche de aquí agora mesmo.

 Enfermeira 2: Si, pero que nos pague antes.

 Lobo:              (Facendo un xesto burlón). Tururú.

 Enfermeira 1: ¡Vaia día que levamos! Non cobramos unha cadela.

 Narrador:       Os que van entrar, todos queren falar,

Son Brancaneves cos seus amiguiños, os sete ananiños.

 (Entra Brancaneves cos sete ananiños)

Brancaneves: ¿Pódese pasar?

 Todos:             Pasen, pasen.

 Doutor:           ¿que vos pasa?

 Anano 1:         Non nos gusta como remata o noso conto.

 Enfermeira 1: Pois a min paréceme que ten un final moi fermoso.

 Brancaneves: A min tamén mo parece, pero eles din que non.

 Anano 2:         Non é xusto que nós acollamos na nosa casa a Brancaneves e que logo ela se case co Príncipe.

 Anano 3:         Queremos desfacernos do Príncipe e que un de nós se case con Brancaneves.

 Enfermeiras e médico: ¿¿Como??

 Anano 4:         Non se explicou ben, é que nós non queremos matar ao Príncipe, só queremos que Brancaneves non se vaia con el.

 Doutor.           ¿E eu que podo facer?

 Anano 5:         ¿Pódenos dar algo para medrar? (Por sinais, xa que este é mudo)

 Anano 6:         Logo Brancaneves poderá elixir cal poderá elixir cal dos sete lle gusta máis.

 Anano 7.         Casar con el, e seguiremos vivindo todos xuntos.

 Doutor.           Entón daría lles unhas vitaminas, pero non creo que cheguen a ser tan altos coma os príncipes.

 Brancaneves: Pois eu non os quero nin dun milímetro menos.

 Anano 1:         Non sexas mala Neviñas, ¡¡que a altura non o é todo!!

 Anano 2:         Non che vai faltar de nada.

 Anano 3.         Xa sabes canto te queremos.

 Anano 4:         (Colle a receita). Grazas doutor.. (saen)

 Anano 5:              Dálle a man ao doutor, e despídese coa man.

 Enfermeira 2. Estes nin preguntan canto é ¡¡¡que conas!!!.

 Narrador:            Esta señora que mira de esguello,

nunca sae a pasear sen seu espello 

(Entra a madrastra de Brancaneves coa cara tapada).

Enfermeira:    E a esta que raios lle pasa, ¿é da Once ou qué?

 Madrasta.       Entrei coa cara tapada porque acaba de saír Brancaneves e non quería que me recoñecese. Eu son a Madrasta de Brancaneves, e este o meu espelliño máxico.

 Enfermeira 1. ¿En que podemos servila señora?

 Madrasta:      Paréceme unha tolería, nos tempos que corren, ter que envelenar a Brancaneves. Para ser máis guapa ca ela só teño que someterme a unha operación de ciruxía estética. E quería que vostede me fixese a operación.

 Doutor.           A operación non lla podo facer, pero voulle dar unhas cremiñas a ver o que fan.

 Madrasta:      Grazas, doutor. Cando sexa a muller máis guapa do mundo virei aquí e non só lle pagarei,¡tamén lle darei unha boa propina!

 Doutor:           Ímonos retirar un pouco para contar os cartos.

 Enfermeira 1: Si, si... ¡como temos tanto que contar!

 Enfermeira 2: Non imos poder co saco dos cartos.

 Narrador:       Entra a doutora máis forte,

na consulta espera ter máis sorte.

(Entra o 2º doutor e o seu enfermeiro).

Narrador:       A doutora recibe ao frautista

Que é o primeiro da lista.

(Entra o frautista)

Frautista:        ¿Podo pasar?

 Enfermeiro:    Pase... pase.

 Doutor:           Onde vai vostede tocando esa frauta.

 Frautista:        Teño dous problemas. Un é que se toco co dedo aquí (perna), aquí (brazo), aquí (barriga) ... dóeme moitísimo.

 Doutor:            ¡Déixeme ver!.  Vostede o que ten é o dedo roto.

 Enfermeiro:     E teño tamén outro problema moi grande doutor. Se toco esta melodía veñen detrás de min os ratos e se toco esta outra veñen os nenos.

 Enfermeiro:   ¿E quere vostede que vaiamos nos tamén, ou que?

 Frautista:        Non... non, eu quero que me deixen tranquilo. Xa non quero nin os cartos que me ofreceron.                       

 Doutor:           ¿E que podo facer eu?

 Frautista:        Que me recete un xarope que me converta en sapo e poder escapar desta maldición.

 Doutor:           En sapos imos acabar nós se o seguimos escoitando. Vostede o que precisa é un bruxo.

 Enfermeiro:    Por certo, e se non ten cartos ¿con que nos vai pagar?

 Frautista:        Se queren tócolle unha canción.

 Doutor e enfermeiro: ¡¡Fora, fora!! Para cancións estamos nós.

 Narrador:       Tócalle o turno a Galiña Caponata,

Estade atentos: pagará ou será unha “rata”

 (Entra a Galiña Caponata)

 Caponata:       Eu son a galiña Caponata e quero animar ao galiñeiro, pero o meu catarriño non me deixa cacarexar. Déame vostede un xarope para afinar a miña voz. ¿E sabe? Tamén lle teño complexo de fea.

 Doutor:           ¡¡De complexo, nada de nada!! ¡¡¡EH!!... A ver, cante un pouco.

 Caponata:       Ca    ca    ra    ca.

 Doutor:           ¡Ai! Pois ten razón colla unha clara dos ovos e vaia a facer gárgaras por alí.

                        Tome tamén este laxante que lle irá moi ben.

 Caponata:       ¿Calmarame a tose o laxante?  (marchándose)

 Doutor:            Calmar, calmar..., non sei, pero.... xa verá como non se atreve a tusir.

 Doutor:            Por certo, de apetito que tal anda.

 Caponata:       Pois moi irregular, con dicirlle que ao comer un pouco ¡xa se me pasa!

 Enfermeiro:    Veña, xa está ben, ¡A  pagar! ¡a pagar!

 Caponata:       Xa lle pagarei cando teña fina a voz.

 Enfermeiro:     Esta, se durmindo soña que está pagando un café no bar, é capaz de espertarse para non pagalo.

 Enfermeiro:    Mira se é “conas”, que por prestar, nin me presta atención.

 Narrador:       Estes tres si que teñen “guasa”...

con tantas bágoas¡van acabarnos as gasas!

 (Entran o Pato Feo, pato feo, Rei León e un Pallaso)

 Pallaso:           ¡Gua! ¡gua! ¡gua!

 R. León:         ¿Por que choras? ¿que che pasa?

 Pallaso:           Esta é a miña misión, eu teño que chorar para que a xente se ría.

 R. León:         Pois eu tamén teño un problema, quérenme sacar do trono e non sei que facer.

 Pato feo.         ¡Cua! ¡cua! ¡cua! ¿Que me cheira por aquí? ¡Paréceme que escoito un ruído! ¡Ou me choran os ollos ou vexo un león falando cun pallaso! ¡Voume acercar voando! (dirixíndose ao león) ¿Ti é o Rei León, non si?

 R. León:         Son, son.

 Pato feo.         E ti es o pallaso chorón.

 Pallaso:           Si, teño moita tristura.

 Pato feo.         Paréceme que para formar unha orquestra escusamos gaitas.

 R. León:         ¿Ti tamén choras?

 Pato feo.         Si, estou desconsolado, levo moitas noites sen durmir e xa non podo nin coas plumas.

 Pato feo.         ¡Cua! ¡cua! ¡cua!

 R. León:         Outro pato para orquestra. ¿Que che pasa patiño? ¿Por que berras?

 Pato feo:         Teño unha pena que me mata, ninguén me quere. Son un patiño feo e todos me din que as plumas debo cambiar ou me poñen a guisar.

 Pallaso:           Vaiamos xuntos ao doutor para consultar o noso caso.

 Narrador:       O pallaso, o pato feo e o rei León, entran na consulta e...

                        ¡Vaia sorpresa!

                        As enfermeiras choran, os médicos botan as mans a cabeza.

                        Pois, todo o día traballando e non teñen nin para auga.

                        ¡Vaia día miserable!

 Patos:              Será mellor que marchemos, acá, choran máis ca nós.

 Narrador:       Entran por fin, os últimos da saliña,

¿que lle pasará á Ratiña?

¿Quizás estea maliña?

¡Ou calviña...!

 (Entran a Ratiña, noivo e galiña)

 Ratiña:            Bos días, doutor.

 Doutor:           Bos días, vostede é ...

 Ratiña:            Si, sonlle a ratiña Presumida e téñolle un problema moi grande.

 Noivo:             Si, si,... problema, iso é unha vinganza.

 Doutor:           Perdón, e ¿vostede quen é?

 Noivo:             Eu éralle un noivo que tiña cando ela era... ben..., estaba....tiña pelo, e ata quería casar, pero agora.... ¡¡nin tolo!!. Por certo, sabe que levo 10 anos casado e sempre estiven namorado da mesma muller.

 Enfermeiro:     Iso paréceme admirable.

 Noivo:             Tamén é algo perigoso, porque se o descobre a miña esposa ¡¡mátame!!.

 Doutor:           Ben, ben, entón ¿que lle pasa?

 Ratiña:            E logo é ¿que non me ve? Míreme para a cachola e verá que non lle teño un triste pelo.

 Noivo:             Nin de lista, nin de tonta.

 Ratiña:            Doutora, ¿que me aconsella para conservar o pelo?

 Enfermeiro:     Pois... eu diría que unha caixiña non lle viría mal.

 Ratiña:            Non se ría...verá,... varrendo a miña casiña atopei unha moeda e con ela merquei un lazo, e agora quéreme dicir ¿onde a vou por?

 Doutor:           Pero mulleriña, para mercar un lazo , se non tes onde polo, mellor sería que mercases unha perruca.

 Ratiña:            ¡Que desgraciadiña son!

 Doutor:           Está ben, voulle dar unhas pastillas para que lle medre, pero non pode tomar máis dunha, a ver si logo vai a vir feita un lobo peludo.

 Ratiña:            Grazas doutor.

 Enfermeiro:    Non se esquece de...

 Ratiña:            Pois non, non.

 Enfermeiro:    ¡Anda! Co pelo, fóiselle tamén a memoria.

 Enfermeiro:    Os cartiños nena, os cartiños.

 Ratiña:            Non sabe que gastei a miña moeda nun lazo, ¡non lle teño nin cadela!

 Enfermeiro:    ¡¡Pois estamos ben!!

 Doutor:           Marchen, marchen...

                       ¡Vaia negocio! Non gañamos un patacón.

 Enfermeiro:    E iso non é o peor, o peor é que hai unha morea de rapaces en manifestación contra vostede.

Narrador:       Acabou a distracción,

Isto é unha manifestación. ¡Que emoción!

 Rapaz 1:         Doutor ¿que lles fixo aos nosos contos?

 Doutor:           Eu non fixen nada.

 Rapaz 2:         ¿Como que non? O lobo non pode comer a Carapuchiña. Os ananos non son ananos. Brancaneves non casa co Príncipe. ¿que nos fixo? ¡¡diga!! ¿que nos fixo? ¿onde están os nosos contos?

 Doutoras:       Nos pensamos ...

 Rapaz 3:         Vostede non ten que pensar nada, xa pensaron os escritores que fixeron o conto.

 Manifestación

                        Que lle fixeches

                        os nosos contos

                        Doutor paspán

                        déixaos como están.  (BIS)

Narrador:       Tede calma rapaciños

que esta obra que fixemos non é de toliños

non era máis que un regaliño.

Meniños,

meniñas,

escoitade esta canción atentiños

e logo catádea moi, moi, moi contentiños.

CANCIÓN

Carapuchiña vai seguir igual

o lobo quérea atrapar,

a nena escapará,

o cazador virá,

ao lobo atrapará.

 

Os ananiños pequenos serán

a vella fea intentará matar,

Brancaneves durmirá,

os ananos chorarán

e o Príncipe a bicará.

 

Os contos seguirán igual

o avó contounos ben.

Imos cantar,

imos danzar,

esta obra un conto é. (Estribillo)

 

Pobre Cincenta frega sen parar,

o baile logo vai comezar,

ela tamén irá,

o zapato perderá

e co Príncipe casará.

 

Tocando a frauta as ratas se irán,

na selva ao rei obedecerán,

cos pallasos me rirei,

coas ratiñas soñarei,

cos contos disfrutarei.

 

(Estribillo)