A RATIÑA PRESUMIDA

Adaptación realizada por María del Carmen P.A. (Emece8) 

Personaxes:

  • Ratiña
  • Rato
  • Macetas
  • Abellón
  • Galo
  • Can
  • Burro
  • Pato
  • Touro
  • Porquiño
  • Pavo
  • Gato

Obra:

RATIÑA: La- lará – lariña, barro a miña casiña.  (Mírase ó espello e volve a varrer). 

RATO: (Sae da casa, tímido, agarimoso) ¡Bos días, Ratiña! (a Ratiña non fai caso, desprézao, o Rato encóllese de ombros e vaise, a Ratiña segue varrendo e cantando. Soa unha moeda no chan). 

RATIÑA: ¡Huy! (colle a moeda) ¡unha moeda de ouro! 

MACETAS: (As catro á vez) (Cantando) Unha  moeda de ouro, que brilla coma un tesouro. 

RATIÑA: ¡Mercarei unha cousiña! 

MACETAS: ¿Un libro? 

RATIÑA: ¡Huy, non, non; que me aburrirei! (pensativa) ¡Xa sei!

RATIÑA: Mercarei un bonito lazo

          Que me chegue ata os pes,

          E na porta da miña casa

          Un bo  noivo atoparei. (Sae pola dereita) 

MACETAS: Un bo noivo atopará (bocexando). (A Ratiña volve moi leda, leva unha cesta con varios lazos). 

RATIÑA: (Saca os lazos un a un) ¿O azul? (as Macetas míranse e negan coa cabeza) ¿O verde? (as Macetas igual) ¿O rosa? (as Macetas afirman) ¿O negro? (as Macetas engurran a cara, por fin, decídese polo máis grande) ¡O vermello! 

MACETAS: (Míranse entre elas) ¿O vermello? 

RATIÑA: Poreino na cabeza (proba, as Macetas afirman en cada proba. A Ratiña volve a probar). Colocareino na cintura. (Igual).¿Na orella? (Igual). ¿No xeonllo? (Igual) ¿Na barriga? (Igual) (Por fin atopa sitio) ¡Poñereino no rabiño! 

MACETAS: Poñerao no rabiño e moi bonito lucirá. 

RATO: (Pola esquerda) ¡Ratiña, que linda estás! (A Ratiña desprézao, entra na súa casa e o Rato na del). (A Ratiña sae da súa casa cunha cadeira e séntase na porta. Ven co seu lazo. Mírase e remírase nun espello de man).

(Ruído de Abellón, imitando co seu zumbido o ruído dunha moto. Sae á escena pola dereita. As macetas despabilan alarmadas. Revolotea un anaco ó redor da ratiña, logo, frea en seco, da marcha atrás e párase enfronte dela). 

ABELLÓN: ¡Rrrrraaaannnnn.....! (Xira ó seu redor) ¡Rrrrraaannnnn.....!(Párase) Rrratiña, Rrrrrratiña, ¿queres casar comigo? ¡rrrraaaannnnn.....! 

RATIÑA: (Compoñéndose) ¿E ti que farás pola noite? 

ABELLÓN: (Párase e xira a man como si fose o acelerador dunha moto) ¡Rrrrraaaannnn....! 

RATIÑA: (Tapándose os oídos) ¡Huy, non, non, non, asustarasme! (O Abellón queda coa boca aberta). 

RATO:(Saíndo da súa casa) ¿Que che pasa Ratiña? 

RATIÑA: ¡Que pesado! (O Rato volve a entrar. Aparece un Galo). 

GALO: (Achégase moi presumido cara á Ratiña. Música de desfile) ¡Kkoj, Kkoj, Kkoj...! ¡Qui-qui-ri-quí....Ratiña! (A Ratiña non fai caso) ¡Ra-tititi-tiña-ñañañáaaaa! 

RATIÑA: ¡Huy! ¿Que? 

GALO: ¿Queres casar ... comigo? 

RATIÑA: ¿E ti que farás pola noite? 

GALO: ¿Eu? ( infla moito o peito) ¡Qui-qui-ri-quiiiiií....! (As Macetas axítanse do susto). 

RATIÑA: (Tapando os oídos) ¡Huy, non, non; asustarasme! (As Macetas asenten). (O Galo baixa a cabeza). 

RATO: ¿Que che pasa Ratiña? 

RATIÑA: (De novo, faille desprezos e o rato marcha). (Aparece un Can pola dereita, o Can ladra). 

CAN: ¡Guau, guau! ¡guau! (Trata de chamar a atención da Ratiña, que se mira no espello). ¿Ratiña? ¿Ratiña? (moi suave, ó ver que non lle fai caso) ¡Ratiñaaa! (As Macetas asústanse) 

RATIÑA: (Asustada) ¡Huy! ¿Que? 

CAN: ¿Queres casar comigo? 

RATIÑA: ¿E ti que farás pola noite? 

CAN: ¿Eu? (ladra, saca a lingua, move o rabo)  ¡Guauuuuu...!¡Guau-guau.... guau...! ¡Guau....! ¡Guau-guau........! 

RATIÑA: (Mírao en silencio). ¡Huy, non, non; asustarasme! (As Macetas asenten). (O Can tímido emite uns “GUAUS” tímidos). (Aparece o Burro ). Música romántica. Saca un papel e nel leva un poema, ponse diante da Ratiña e fala con voz chillona). 

BURRO: O meu corazón palpita.... (pausa) como unha pataca frita. Ratiña (rebuzna) ¿Hia, hia, hia, hia...! ¿Queres casar comigo? 

RATIÑA: ¿E ti que farás  pola noite? 

BURRO: Lereiche unha poesía ... ¡hia, hia, hia...! 

RATIÑA: ¡Huy,non, non; asustarasme! 

RATO: ¿Que che pasa Ratiña? (A Ratiña non lle fai caso e volve a entrar). (O Burro rompe o papel e vaise caviloso. Aparece un Pato francés,  moi refinado. Música parisina). 

PATO: (Coqueto. Andar insinuante, mira a un lado e a outro. Achégase á Ratiña, ó oído) ¿Gatiña? ¿Gatiña? (A Ratiña co seu espello) ¡¡Ga-ti-ña!! 

RATIÑA: (Sen deixar o espello e moi repipi) ¡Eu non son unha gatiña! 

PATO: Quiego desig Ga-ti-ña. Grratiña 

RATIÑA: ¿Si?

PATO¿Quegues casar con muá? 

RATIÑA: ¿E ti que farás pola noite? 

PATO: (Coqueto, man no corazón. Delicado) ¡Cuac....! ¡Cuac...! 

RATIÑA:¡Huy, non, non, asustarasme! 

PATO:(Vaise) ¡Cuac...! ¡Cuac...! ¡Cuac...! 

RATO: ¿Que che pasa Ratiña? (Ela ignórao e el volve a entrar na súa casa; as Macetas asenten coa cabeza). (Clarín de corrida de touros. Aparece o Touro. Plántase diante da Ratiña dando un zapatazo). 

TOURO: ¡Olé! (A Ratiña non fai caso e o Touro faino máis forte) ¡¡Olé!! (A Ratiña sobresáltase). Ratiña ¿queres casar comigo? 

RATIÑA: (Mírao de arriba a abaixo) ¿E que farás pola noite? 

TOURO: (Corneándoa) ¡Muuuu....! ¡Muuuuu....! 

RATIÑA: ¡Huy, non, non, asustarasme! (O Touro queda chafado e vaise pola esquerda). 

RATO: Ratiña, ¿que pasa? (Non lle fai caso e volve a súa casa). (As Macetas fan xestos de mal olor, tapan o nariz. Aparece o Porquiño. Música de bombo ou de trombón. Sae pola dereita. O Porquiño vótase desodorizante. A Ratiña espántase e tapa o nariz). 

PORQUIÑO: (Avergoñado e tatexo) ¡Oink..!¡Oink...! Ra-rati-i-ña, ¿que-e-res-ca-ca-sar comigo? 

RATIÑA (Co nariz tapado) ¿E ti que farás pola noite? 

PORQUIÑO:¡Oink...! ¡Oink...! ¡Oink....! 

RATIÑA: (Retírase uns pasos) ¡Huy, non, non; asustarasme! (O Rato sae co nariz tapado). 

RATO: ¿Que che pasa Ratiña? (Como non lle fai caso, volve a entrar). (O Porquiño márchase pola esquerda votando desodorizante  por todas partes) (Música de Nadal. Sae un Pavo espirrando con bufanda e luvas. Nariz colorado, cada estrondo acaba cun sorbido e un ¡Glu-glu-glu!. A Ratiña, sen deixar de mirarse no espello pega un pequeno saltiño a cada espirro). 

PAVO: ¡Atchís! ¡Gluglugluglu! ¿Queres casar comigo? 

RATIÑA: ¿E que farás pola noite? 

PAVO (Venlle un espirro e reprímeo, venlle outra vez e alíviase, outra e espirra) ¡¡At-chís!! ¡Glugluglu...! ¡Glugluglu...! 

RATIÑA: ¡Huy, non, non; asustarasme! 

RATO : Ratiña, ¿Que ocorre? (como a Ratiña non lle fai caso, volve a súa casa). (As Macetas, arrefriadas, espirran).

(Música insinuante, de jazz. Aparece o Gato. Leva chistera, bastón de bambú, capa, botíns de cor, paxariña, luvas na man, tirantes, gran anel de ouro, bigote, pelo con fixador e brillantina. As Macetas asústanse. Andar chuliño. Pasa diante da Ratiña sen mirala, achégase ó Pavo, empúrrao cara fora. Limpa as mans e achégase á Ratiña, que non deixa de miralo). 

GATO: (Mírase as uñas das mans. Vótalles alento e as limpa á solapa da chaqueta) ¡Ola....boneca! ¡Queres casar comigo, por suposto! (Pasa por detrás da Ratiña. Ademán de comela) 

RATIÑA: (Fascinada.Namorada. Voz doce) ¿E ti que farás pola noite? 

GATO: ¡Pois que vou facer! Durmir, e calar. Durmir e calar. 

RATIÑA: (Lanzándose o seu pescozo, nun abrazo) ¡Casarei contigo! ¡Casarei contigo!

GATO: (Abrazándoa) Por suposto. (Cóllea da man e métea na casa) Arranxarémo-la casa. (Entran e pechan a porta). (Dentro da casa, fora do escenario, ruídos, carreiras, saltos, golpes, maullidos. Gritos da Ratiña).  

RATIÑA: ¡Socorro! ¡Socorro! ¡Que me come o Gato! ¡Socorro!.( O Rato sae da casa, escoita na porta, volve á casa e sae con un pau e unha capa de heroe. Música de Superman). 

RATO: (Ó público) ¡Salvarei á Ratiña! (empurra a porta, ábrea, golpes, voces do Gato, do Rato) ¡¡Toma, toma e toma!! (Sae o Gato todo descolocado, miañando). 

RATO: ¡E non volvas máis! (As Macetas asómanse de novo, aplauden). (O Rato sae coa Ratiña da man). 

RATIÑA: (Repoñéndose) ¡Es o meu heroe! 

RATO:¿Queres casar comigo? 

RATIÑA: ¡Casareime contigo!

(As Macetas aplauden. Soa unha música brillante. As Macetas póñenlle unha longa capa branca á Ratiña e chaman a tódolos animais. Os Ratiños desfilan do brazo detrás da Ratiña e entran por un lado do escenario. Volven a saír todos a saudar). 

FIN