AS VODAS DA PULGA E O PIOLLO

Adaptación realizada por María del Carmen P.A. (Emece8) 

Personaxes:

  • Duende 1
  • Duende 2
  • Duende 3
  • Pulga
  • Piollo
  • Formiga 1
  • Formiga 2
  • Formiga 3
  • Laniñas
  • Chiqui
  • Caracolas
  • Mosquito
  • Ratos
  • Ratiñas
  • Gatos

Obra: 

DUENDE 1: ¡Ola!

DUENDE 2: ¡Ola, ola!

DUENDE 3: ¡Requeteola!

DUENDE 1: Eu son Un.

DUENDE 2: Eu son Don.

DUENDE 3: Eu son Dina.

DUENDE 1: Ímosvos contar unha historia.

DUENDE 2: (en ton burlón) Con pan e cenoria.

DUENDE 3: ¡MMMM, qué rico! ¡pan e cenoria!

DUENDE 1: Veña, empeza ti.

DUENDE 2: Non, empeza ti.

DUENDE 1: É mellor que empeces ti. (O duende 3 sígueos coa mirada, como se vira un partido de tenis de mesa)

DUENDE 3: Alto, alto. Nin ti, nin ti, nin eu. Será mellor que o botemos a sortes:

                   Un, Don, Dina, da buli buli banda

                   Un avión que chegou de Francia

                    Neno, ven aquí. Eu non quero ir.

                   Un, Don, Dina, que che toca a ti.

                    (tócalle a Duende 1)

DUENDE 1: Bueno, vai…………. Comezarei eu, como sempre. Había unha vez, fai moito tempo………

DUENDE 2: (Sacudindo a man) ¡Hummm, canto tempo!

DUENDE 3: .. Unha pulga e un piollo que se querían casar, pero eran moi pobres.

DUENDE 2: (Con cara de asombro e esaxerando). ¡Non tiñan nin pan!

DUENDE 1: (Triste) ¡Que pena!

DUENDE 3: E tampouco tiñan nada para beber!

DUENDE 1: Xa o dixen eu, eran moi pobres e non podían celebrar o banquete da súa voda (aparecen a pulga e o piollo).

PULGA:  ¡Ai, Pioxosé! ¡Que pobres somos! Non temos nada que levarnos á boca, nin sequera un canciño pequinés.

PIOLLO: Tranquila, Maripulga, non te queixes. Xa verás como todo se arranxa.

PULGA: Iso espero, Pioxosé. Pero ¿Que podemos facer?

PIOLLO: ¡Xa o teño!: chamarei as miñas mellores amigas, as formigas. (O piollo berra cara un dos lados do escenario) ¡Formigas, formigas! ¿quédanvos migas?

PULGA: (Berrrando) E que nos queremos casar e non o podemos celebrar. ¡Ai Pioxosé! ¡Ahí veñen! (Aparecen as formigas, que pasean antes de falar).

FORMIGA 1: Claro que nos quedan migas, Don Pioxosé. Somos as formigas do formigal e na vosa voda teredes pan.

FORMIGA 2: ¡Iso, iso! pan, pero non queixo.

FORMIGA 3: (Moi nerviosa) E, e, e…….. ¿poderiamos quedar á voda?

PIOLLO E PULGA: ¡Encantaríanos! (A pulga e o piollo cantan)

PIOLLO: ¡Pan xa temos, xa temos pan!

PULGA: Pero ¿a carne... onde a atoparemos?

PIOLLO: Ocórreseme unha idea.

PULGA: ¿Cal?

PIOLLO: Poderiamos chamar as cadeliñas da caneira. Son moi boas amigas miñas.(Berra cara un dos lados do escenario)

PULGA: ¡Oxalá nos axuden!

PIOLLO: ¡Laniñas, Chiqui, Caracola! (Saen marchando ao son da música)

LANIÑAS: Somos as cadelas da caneira, e traemos carne de tenreira.

CHIQUI: E sacadas dos nosos buratos, un montón de ósos de polo.

PULGA: ¡Que ricos!

CARACOLA: E, e, e…. ¿poderíamos quedar a voda?

PIOLLO e PULGA: ¡Encantaríanos! (Cantan a pulga e o piollo)

PIOLLO: ¡Carne xa temos, xa temos carne!

PULGA: Pero, ¿e os refrescos, onde os atoparemos?

PIOLLO: Pois…. ¿Qué che parece se chamamos ao mosquito que vive no froital? ¡El pódenos dar todos os refrescos que queiramos!

PULGA: ¡Que ben! (O piollo berra cara a árbore do escenario)

PIOLLO: ¡Mosquito, mosquito, asómate un pouquiño!

MOSQUITO: (Enfadado) ¿Que pasa, que pasa?

PIOLLO: Que a pulga e eu queremos casar e non temos refrescos para o banquete ¿poderías axudarnos?

MOSQUITO: Pois claro. Como son o mosquito do froital, na vosa voda teredes zumes frescos en cantidade.

FORMIGA 1: Se pode ser, señor mosquito, para min zume de melocotón, que me gusta un montón.

FORMIGA 2: E para min de laranxa, por favor.

FORMIGA 3:  E, e, e…. para min de mandarina, que din que é cousa fina.

LANIÑAS: Pois se vos poñedes así, para nós, zume de miñoca.

PULGA: ¡Oh, que feliz son, Pioxosé!

PIOLLO: ¡E verdade! (cantando con alegría) ¡Xa temos refrescos!

PULGA: Si, xa os temos, iso é divino, pero ¿onde atoparemos ao padriño? (Póñense os dous moi tristes e aparecen ratos marchando ao son da música)

FORMIGA 2: ¡¡Mirade, mirade alí!!

RATOS: Somos os ratos dos muíños, e queremos ser  os padriños.

PULGA: ¡Ben Pioxosé! ¡Padriños xa temos, xa temos padriños!

PIOLLO:  Pero agora a madriña, ¿onde a atoparemos? (Aparecen unhas ratiñas marchando ao compás da música)

RATIÑAS: Somos as ratiñas da cociña, e queremos ser as madriñas.

PULGA: ¡Sí!. ¡Viva! ¡Madriñas xa temos, xa temos madriñas!

PIOLLO: ¡Viva! ¡Xa podemos comezar a voda!

TODOS: ¡Beeeennnn! ¡Vivan os noivos! (Bailan todos moi contentos)

(Os Duendes achéganse ao público)

DUENDE 1: Pois segundo nos contan os máis vellos do lugar…

DUENDE 2: Estando na voda, bebéndose o zume…. Chegaron uns gatos gatunos.

DUENDE 3: E xa se sabe, ratos con gatos, non fan bo trato. (Aparecen os gatos con cara de poucos amigos)

GATOS: Somos os gatos mininos…… e queremos comernos aos padriños!!!!!!!! (Perseguen aos ratos).

DUENDE 1: …E antes de que isto acabe mal…..

DUENDE 2: ….E nos dean un bocado……

DUENDE 3: …. Dicímosvos a todos que…….

OS TRES DUENDES: ¡Con un plis, e con un plas….. este conto, rematou ..…XA!

FIN