SECUESTRARON A PAPÁ NOEL

ESCENARIO : Un bosque

PERSONAXES: FLAI, FLI E FLO


CORO: Todos os nenos que desexemos

MAGO: Un neno/a

REPRESENTACIÓN .

 

Chegamos todos , colocámonos e cantamos unha panxoliña.

Comeza con FLO E FLI xogando ao escondite:

FLO: (de cara a unha árbore) Un, tres, cinco, oito...

FLI : ¡ Flo, tramposo, non vale ! Conta ben.

CHEGA FLAI : (contestando) ¡ Uh-uh-uh ! ¡ secuestraron a Papá Noel! ¡ Levárono e non sabemos onde está!

FLO : Entón ..¿Quedarémonos sen Nadal? ... E sen agasallos (chorando) Buaaaaa. Eu quero os meus patíns . E a miña casiña de cartón. E contos e...

FLI : (interrompéndolle) ¡Flo , non sexas caprichoso! ¿Non te dás conta de que isto é moi serio? Temos que atopar a Papá Noel.

MAGO MALVADO : jo, jo, jo. Iso é imposible. Nunca atoparedes a Papá Noel.

FLO : (tremendo) Ayyyyyyyyyy...¡Que medo! ¿Quen fala?.

MAGO : O mago Abra Cadabra Cascarrabias.

FLAI : (ENFADADO) ¿Onde está Papá Noel?.

MAGO: ¿Cal deles?. Multipliqueinos . ¡Que ben mo pasei!. Hai miles, millóns de Papás Noel. Jo, jo, jo.

FLI: ¿ ¿Miles? ¿Millóns?. Eu só sei contar ata cen.

FLO : E eu ata vinte.

MAGO: Miles de Papás Noel, pero só un é o de verdade
¿Cal será? Jo, jo, jo... Asomádevos ao val a ver se o atopades.

(LEVÁNTANSE Os NENOS DE   1º ciclo  ) E LEN A POESÍA:

(Papá Noel perdeuse)

FLAI, FLI E FLO (Gritan asomándose) ¡Papá Noel!.
Cada neno levanta o seu marioneta de Papá Noel.

FLAI. (asubiando)¡ Polas barbas do meu bisavó!.

FLO.: ¡ e polas da miña tataravoa!

FLI: ¡ E polo pelo do meu tatara-tatara-avó-tataraavó ! un , dous , tres, catro ...

FLAI : ( desesperado) ¡Caramba Fli! Non pensarás contalos todos... Hai que pescudar cal é o verdadeiro. ( aos nenos ) ¿Quen é Papá Noel?.

NENOS .. eu, eu, eu ...!

FLI . ¡ Jo! así é imposible pescudalo.

FLAI .: ¡ Un momento! ¡ A ver !.., Papá Noel ten barba branca. ( aos nenos) ¿Quen ten barba branca?. Todos os nenos que teñen un Papá Noel con barba branca levantan a man.

NENOS : Eu, eu, eu... !

FLI :Un, dous, tres...

FLAI : (enfadado) Fli , deixa de contar ( pensando en voz alta) E Papá Noel ten o gorro vermello . ( aos nenos). ¿Quen ten un Papá Noel con gorro vermello? : Os nenos que teñen un Papá Noel con gorro vermello levantan a marioneta.

NENOS: Eu, eu, eu...!

FLAI.: Xa non sei que máis ten Papá Noel , e aínda hai moitos....

FLO: Papá Noel ten o nariz vermello.

FLAI : ¡Bravo, FLO, deches no nariz ¡Digo!... no cravo ( aos nenos) ¿ Quen ten un nariz vermello? . Os nenos que teñen un papá Noel con nariz vermello levantan a man.

NENOS: Eu, eu, eu...!

FLAI. (Pensando en voz alta) E Papá Noel ten os ollos azuis

FLO : Aquí falla algo...

FLI : Xa sei o que falla . Xa o sei . Hai que facer a pregunta doutro xeito, xa verás . ¿Que Papá Noel ten barba branca, gorro vermello, nariz vermello e ollos azuis?

(Educación Infantil)

Papá Noel vai polo ceo,
xa chegou o Nadal.
Papá Noel no seu trineo
moitos agasallos traerá.

E entón entra polo corredor : O PAPÁ NOEL DE VERDADE e ...

FLAI, FLI E FLO . Din á vez :¡¡ É el !!, ¡¡é el!! : ¡O verdadeiro Papá Noel! (Papá Noel séntase)

Despois  os nenos do 3º Ciclo cóntalles a historia de Papá Noel e de onde vén.

A lenda  que coñecemos hoxe, procede dunha persoa real chamada San Nicolás do cal sabemos que viviu no ano 300 A.C. Foi bispo de Myra. 

         Segundo conta a lenda era so un neno cando chegou a ser Bispo. Era moi bo e amable, con frecuencia saia polas noites a repartir agasallos ós máis desfavorecidos do pobo. 

Despois da súa morte a súa nai fama entendeuse por  todo o resto de Europa, e durante a Idade media, San Nicolás chegou a se-lo patrón dos estudiantes. Moitos estudiantes celebraban o seu santo o día 6 de decembro, día no que finou. Elixían un alumno, vestíano con roupas de Bispo e presidía o desfile por toda a cidade. Co paso do tempo o desfile deixouse de celebrar, pero San Nicolás quedou como favorito dos nenos. 

         A crenza de que entra pola cheminea ven dunha lenda escandinava que dicía que unha deusa aparecía na cheminea e traía boa sorte ós da casa.

         A Papá Noel represéntannolo nun trineo tirado por renos porque hai unha lenda que di: 

·         Nunha manada de renos naceu un cun fociño moi grande e vermello que non foi aceptado polos demais e tivo que marchar do bosque. Ó ver isto Papá Noel levouno para a súa terra e dende ese día axúdalle a leva-lo trineo e aluméalle o camiño as noites de Nadal, pois o fociño ó pórselle vermello despide unha luminaria que alumea o camiño coma se fose de día.

 
Papá Noel entrega os agasallos e cando se marcha cantámoslle entre todos UNHA PANXILOÑA para despedilo:

                        Bailade nenos que esta noite é Noiteboa e Arre borriquiño.


A continuación desexamos as felicitacións en galego, en inglés, en francés e en castelán a todo o público: