Dona noite e os seus amigos

Adaptación da mestra Eulalia Planas

Personaxes:

z Presentador
z Sol
z Estrelas
z Galo
z Eco
z Lúa
z Río azul
z Cangrexo
z Reloxo de cuco
z Vento
z Señor
z Ladróns
z Morcegos

Representación

O Escenario é unha paisaxe de cidade

(Efectos sonoros de xente correndo, trens, coches, martelos, en xeral ruídos da cidade)


PRESENTADOR:
Durante o día todo é claro. Cantan os paxaros, manan as fontes e os homes con présa van ao seu traballo.
Durante o día os empregados do banco, conta que conta diñeiro, a cociñeira na cociña, dálle que che dálle ás comidas.
Os albaneis nas estradas, sobe que sobe ata o tellado.
Os camioneiros, veña a guiar e guiar, coma tolos.
Os estudantes...
ah, os estudantes,
os moi tunantes
antes, agora e sempre
os estudantes...
Sssss, mellor calo.
Durante o día non hai nada que facer, porque todo se fai.
Pero de noite as cousas cambian

Chega o solpor e os traballadores, lentos e cansos, van ás súas casas a durmir.
Porque xa volo dixen, todo é distinto. Empeza por esconderse o sol, como unha moeda que se mete no peto, no horizonte.
Eh, que xa está aquí!

(Entra o sol dando voltas e canta unha canción)

(Cando sae o sol faise escuro e despois faise unha semioscuridade)

SOL: (
Canción)

PRESENTADOR:

(O presentador ten dous olliños por marionetas, un pechado e outro aberto e debe actuar con eles)

¡Aha! Xa chegou a señora noite.
Imos todos durmir.
Imos todos durmir
Olliño dereito
meu dito meu feito
Olliño esquerdo
non sexas parvo,
que o sol foise
e debes durmirte
¡xa!

(Retírase cantando)

(Soa música: Río azul ou similar e entran o río e o cangrexo, que dan unha volta e xúntanse no medio)

RÍO AZUL:
Díxenche mil veces grandísimo gandul, que non andes para atrás, que iso non é de persoas civilizadas.

CANGREXO:
Hum... E a min que? ¡A min a cicicación esa...!

RÍO AZUL:
Ci-vin-li-za-ción, burricán, que vas para atrás, que es máis burricán....

CANGREXO:
Eu non son nin burro nin can, son cangrexo.

RÍO AZUL:
Vale, carallo.

CANGREXO:
Carejo, digo cangrexo. A ver se nos entendemos.

RÍO AZUL:
É que lle quitas a paciencia ao máis pintado.

CANGREXO:
A min só me pintan cando me cocen

RÍO AZUL:
Nada de bromas, carallo, digo cangrexo, porque como me enfades, déixoche sen pelexo.

CANGREXO:

¡Ha, ha, ha, que risa!
que perdo a camisa
e me estoupa o corazón
pois Río Azul non sabe
que teño por pelexo caparazón.
¡ Ha, ha, ha, que risa!
¡Ho, ho, ho, que emoción...!

LÚA:
Boh..., a discusión é inútil ; cada quen sáese coa súa e vaise polo seu lado.
O Río, tolo ata o mar, adiante, adiante, sen se parar nunca.
O cangrexo, pouquiño a pouquiño, á cola e para atrás.
Pero a verdade é que eu saín porque as estrelas, esa señoritiñas tan cotorras fóronse de paseo e deixáronme soa

(Óese ruído fóra)

LÚA:
Paréceme que volven e eu voume antes de que cheguen elas e se metan comigo.

(Entran as estrelas)

ESTRELA 1:
¡Mira, se é a Lúa!

ESTRELA 2:
¡É verdade!

ESTRELA 3:
Que fas ti aquí?

ESTRELA 1:
Curiosona.

ESTRELA 2:
Métome en todo.

ESTRELA 3:
Loura fregona.

ESTRELA 1:
Lúa aburrida.

ESTRELAS TODAS:
Lúa aburrida e fisgona.

LÚA:
¡Carallo! pero se eu non quería molestar a ninguén. Só quería pór no seu punto o desconcerto do Cangrexo e o Río

ESTRELA 2:
A lúa é unha pandereita e ten cor de fariña

ESTRELA 3:
A lúa é unha atleta, coqueta e de nós non se fía

ESTRELA 1:
A lúa é moi alta, pero non tanto coma nós.

ESTRELA 2:
A lúa non é a nosa amiga, aínda que moitas noites saímos xuntas.

ESTRELA 3:
Que se meta na súa casa a Lúa, luíña, cara de piña.

ESTRELAS TODAS:
Que se meta na súa casa a Lúa, luíña, cara de piña.

(Soa novamente o vals e mentres a Lúa se retira, as estrelas bailan)
(Soa o Cuco e as estrelas asústanse e vanse polos lados e entra o Cuco e o eco detrás dunha rocha)

RELOXO DE CUCO:
¡Cu-cu! ¡Cu-cu!

ECO:
¡Cu-cu! ¡Cu-cu!

RELOXO DE CUCO:
¡Vaia, vaia! Xa tiven que estragar a función.
¡Co ben que bailan as estrelas!
Sempre me pasa igual. Todo o mundo sorpréndese cando eu falo. Apenas digo cu-cu, rinse ou marchan.

ECO:
Marchannnnnn

RELOXO DE CUCO:
Quen anda por aí?

ECO:
Por aíííí...?

RELOXO DE CUCO:
Quen se está a rir de min?

ECO:
Rir de miiin...?

RELOXO DE CUCO:
Cu-cu, cu-cu

ECO:
Cuuuuu...

RELOXO DE CUCO:
¡Agora si que a fixemos boa! O eco non para de burlarse de min.

ECO:
¡Burlarse de miiin...!

RELOXO DE CUCO:
Ben, vou esperar un pouquiño. Voume ficar aquí caladiño..., e a ver que pasa! Se cadra ata volven as estrelas ... estame empezando a entrar medo...
¡Ai miña nai! Que vou facer eu soliño nesta noite tan negra?

(O Cuco dá voltas e empeza a cantar unha canción)

(Ao acabar a canción retírase e empezan efectos de choiva, vento, tormenta, etc. e sae un señor loitando co vento e detrás o vento moi furioso)

VENTO:
Esta señora Noite é unha desagradecida. Canto máis escura está, máis soa me deixa, peor me trata...
Nas esquinas fago fi-fi-fi-fiiii e nas chemineas fu-fu-fu-fuuuu, pero ninguén me fai caso.
Agora mesmo..., que?, quen me escoita?

SEÑOR:
Eu escóitoche.

VENTO:
Quen se preocupa de min?

SEÑOR:
Eu preocúpome por ti.

VENTO:
Ah, pois eu cría que non tiña nin un só amigo e que todos me escapaban. As plantas porque din que son fortachón e as troncho...

SEÑOR:
Fortachón, fortachón,...

VENTO:
As nubes porque son unhas comodonas e din que non as deixo descansar levándoas dun lado a outro sen parar.

SEÑOR:
Non me digas que se queixan por iso?

VENTO:
E quéixanse cando as movo e ata tiran choiva á terra algunhas veces.

SEÑOR:
Pois xa é mala uva a que teñen esas nubes.

VENTO:
As árbores tamén.

SEÑOR:
Por que se enfadan as árbores?

VENTO:
Porque movo as súas pólas.

SEÑOR:
¡Só por iso?

VENTO:
E, porque din que lles tiro as follas ao chan.

SEÑOR:
Home, entón claro que teñen razón cando se queixan. É que tamén ti algunhas veces pásaste.

VENTO:
Pois a pesar de todo a min gustaríame ter moitos amigos. (Enfádase) Pois como non teño amigos, voume enfadar e voume inflar coma un tonel e vou berrar e explotar.

SEÑOR:
Non t poñas así, home.

VENTO:
Que non me poña así..., agora verás

(Ínflase e comeza a soprar e sae dando voltas coma un muíño. Ponse música).
(Entran os ladróns que fan mímica)

LADRÓN 1:
Ten coidado, rapazolo.

LADRÓN 2:
Xa o teño, non te preocupes por min (Choca con algo e mete ruído que soa no altofalante)

LADRÓN 1:
¡Ai!. Mecachis...

LADRÓN 2:
¡Cala dunha vez, que vas amolar todo!

LADRÓN 1:
¡É que levei un golpe!

LADRÓN 2:
Pois ten máis coidado, que pareces parvo.

(Seguen co chollo e mentres están metendo cousas no saco, cantan unha canción)

(Soa o Cuco)

RELOXO DE CUCO:
Cu-Cu, Cu-cu

ECO:
Cu-cu, Cu-cu

LADRÓN 1:
Oíches?

LADRÓN 2:
Se, alguén anda por aí.

LADRÓN 1:
Ímonos antes de que nos pillen!.

LADRÓN 2:
Corre, corre!.

(Saen correndo os dous ladróns e deixan os sacos no chan, entrando a continuación o reloxo de Cuco)

RELOXO DE CUCO:
Chafeilles o asunto.

ECO:
Asuntoooo....

RELOXO DE CUCO:
Eran uns lerchos e canallas. Aproveitan o ruído do vento para desmantelar as casas da Señora Noite.
Menos mal que me fixen o valentón a tempo e o caso é que parece que queren volver as Estrelas.
Boh!, eu creo que estou de máis. Creo que o mellor que podo facer é calar outra vez e ata marchar coa música a outra parte.

(Retírase o Cuco e entran os morcegos danzando ao ritmo dunha música frenética que soa no altofalante)

MORCEGO 1:
Xa se foron os moi pillos dos ladróns.

MORCEGO 2:
Se non chega a ser polo reloxo de cuco que os espantou...

MORCEGO 3:
...levan todo o que hai na casa.

MORCEGO 1:
Dígocho eu, todo lles é pouco.

MORCEGO 2:
E menos mal que ao final coas présas deixaron os sacos.

MORCEGO 3:
E fóronse cunha man chea de nada e a outra baleira de todo.

MORCEGO 1:
Mira que son parvos, ao final non levaron nada.

MORCEGO 2:
Nin tampouco romperon nada.

MORCEGO 3:
Bo, deixemos iso e pensemos que facemos nós agora.

MORCEGO 1:
O mellor que podemos facer é irnos ás nosas escuras covas.

MORCEGO 2:
Ou aproveitar o tempo antes de que se faga de día.

MORCEGO 3:
E botarnos a voar, que xa levamos moito tempo parados.

MORCEGO 1:
Pero sen afastarnos moito das nosas covas.

MORCEGO 2:
Non vaia ser que nos perdamos.

MORCEGO 3:
Ou chegue o día e non poidamos volver a casa.

MORCEGO 1:
Veña, imos xa

MORCEGO 2:
Iso, que con tanta parolada a noite acábase.

MORCEGO 3:
E chega o día, que é o noso peor inimigo.

(Bótanse a voar e vanse berrando. Ao saír queda unha música suave e óense os ruídos da noite: grilos, ras, tren que asubía e logo aparece a lúa entre as nubes)

LÚA:
Armaron tanto ruído os grilos e as ras que non tiven máis remedio que volver saír de entre as nubes que me cubrían, pois á min gústame moito oír cantar aos grilos e ás ras e ás veces póñome laranxa, rosada ou branca e parezo unha rapariga de verdade.

(Mirando ao público)
Verdade que parezo unha rapariga?

(Entran nese momento as estrelas)

ESTRELA 1:
Presumida ...

ESTRELA 2:
Descocada ...

ESTRELA 3:
Gordinflona ...
 
ESTRELA 1:
Enfariñada ...

ESTRELA 2:
Blancurria ...

ESTRELA 3:
Coqueta ...

TODAS:
Presumida, gordinflona, coqueta...

LÚA:
¡Ai, miña naiciña, aquí están de novo as estrelas! ¡Que lles fixen eu para que sempre se estean metendo conmigo!

ESTRELA 1:
Atrevida

ESTRELA 2:
Parrandeira

ESTRELA 3:
Enganosa.

TODAS:
Atrevida, parrandeira, enganosa.

LÚA:
Pero que din, que din...? Pois para darlle nos fociños vou bailar, si, vou bailar.

(Soa o vals e comeza a bailar)

LÚA:
Tamén podedes bailar vós.

ESTRELAS:
Vale.

(Comezan a bailar todas xuntas e ao acabar o baile sae o galo)

GALO
: ¡Quiquiriquíiiiii!

ECO:
¡ Quíiiiii!

GALO:
¡Quiquiriquíiiiii!

ECO:
¡Gaigarigaíiiiiiiiiiiii!

(Desaparece o galo e entra o presentador)

PRESENTADOR:

Señores aldeáns, arriba!.
Señores cidadáns, arriba!.
Esperte todo o mundo!.
Señores barrendeiros, perruqueiros, carpinteiros, tesoureiros, vendedores, compradores, arriba, espertade xa , é hora de traballar!.
Arriba xa, esperte a cidade, é hora de traballar!.
(Sae o Sol mirando a todos os lados)

SOL:
Xa era hora, as estrelas e a lúa fóronse e os morcegos volveron ás súas covas. Se é que as atoparon. Pois coa mala vista que teñen, calquera día non atopan o camiño de volta... Agora que todos eles marcharon, tócame a min ser o Rei do novo día.
Coa miña luz e calor todo recobrará vida e de novo reinará a alegría.

¡VIVA O NOVO DÍA!

 

 

Pao