OBRA DE NADAL

Narrador 1: Estamos en Nadal e moitas familias dunha aldeíña deciden que van pasar estas festas todos xuntos. Entón...
Narrador 2:Aparecen nunha habitación ás escuras Papá Noel e os Reis Meigos van camiñando cara atrás e tropezan.
Melchor: ¿quen es ti?
P.N : e ¿quen sodes vós?
Gaspar: nós somos os Reis Meigos de Oriente. Eu son Gaspar, este Melchor e o moreno Baltasar (sinala e van saudando) e viñemos nos nosos camelos a traer os agasallos para estes nenos.
P.N : ¡en camelos, ja, ja, ja…!
Baltasar: Debuten, e o teu tronco, ¿en que buga te moves?
P. N: ¿quéeeeeeeee?
Melchor: quere dicir que ¿en que viaxas ti?
P.N : nun trineo voador tirado por renos.
Gaspar: pois pobriños porque… ¡como se notan as tapiñas do bar, os cocidiños…! (cóllelle os michelíns).
Papá Noel apártao.
P.N : e ¿de onde vides?
Melchor:  vimos de Babilonia e dedicámonos ao estudo da astronomía, a filosofía, a medicina…
Gaspar: … e a repartir os agasallos dos nenos o día 6 de xaneiro, como fixemos co neno Xesús cando lle levamos o ouro, o incenso e a mirra.
P.N : Pois eu procedo de Turquía. En cada país chámanme dunha forma distinta: Santa Claus, Father Christmas, Sinterklaas, Baboo Natale…
Baltasar: ¡vale de chorradas e ahuecando o ala que aquí os mendas chegamos os primeros!
P.N : ¿Quéeeeeee?
Melchor: que te vaias porque nós chegamos antes.
P.N : diso nada, eu cheguei primeiro.
(Póñense todos a falar á vez; de súpeto óese alboroto na rúa e acoden todos a mirar pola fiestra)
Gaspar: ¡os camelos e os renos estanse pelexando! ¿Pero que é isto?, ¿Non vos dá vergoña?
P.N : Rudolf, ¡sóltalle a orella a ese camelo agora mesmo!
Melchor: Moi ben, así, agora tranquilucos.
Gaspar: bo, ¿por onde iamos?
P.N : iamos dicindo que os que vos iades erades vós.
Baltasar: ¡ti flipas, colega!
*P.*N : ¿Quéeeeeee?
Gaspar: ¡Que non, vaia!
Narrador 3: Comezan a discutir e a falar todos á vez. Iso fai que os nenos espérten.
Narrador 4: con todo este ruído, os nenos ven aos Reis Meigos e a Papá Noel.
Neno 1: (chorando) Papá Noel e os Reis Meigos estanse pelexando.
Melchor: non, non bonita. Se somos moi amigos ¿Verdade mozos? (con voz amenazadora).
R. M e P.N : Si, si (abrazándose e todos á vez).
Neno 2: ¡Ves Elena, non pasa nada!
Melchor: só estabamos falando ¿verdade mozos? (outra vez voz ameazadora)
Todos: Si, si.
Neno3: ¿que facedes aquí todos xuntos o mesmo día?
P.N : é que este ano decidimos repartir os agasallos todos xuntos ¿verdade mozos?
Todos: Si, si.
Neno 4: ¡estupendo!, ¿que nos trouxestes?
Gaspar: non, non… para que vos deixemos os agasallos debedes estar na cama e dormidiños.
Todos os nenos: ¡Jo!
Baltasar: nin jo nin nada, movendo eses pinreles cara ao sobre.
Todos: ¿quéeeeeee?
Melchor: que vos vaiades a durmir.
Neno 5: teñen razón, veña, ¡todos á cama!
Neno 6: Ademais, ¡como nos vexan os nosos pais!
Neno 7: Fixo que entón nos quedamos sen agasallos.
Neno 8: Iso, iso ¡imos deitarnos!
Neno 9: a ver se este ano que estamos todos xuntos, ¡ ímonos a quedar sen agasallos!
Narrador 5: Despídense dicindo boas noites, ata mañá…; os R. M e P. N. arroupan aos nenos. Os nenos dórmense, os R. M e P. N. deixan os agasallos)
Gaspar: Bo, agora o teu (sinalando a P. N.) por aí e nós por aquí e  ¡ata a próxima!
(todos fan o simulacro de marcharse menos Melchor)
Melchor: chs, chs, chs… ¿onde ides?
Todos: ¡por aí! (sinalando cada un nunha dirección)
Melchor: ¡diso nada! ¿e o que lles dixemos aos nenos?
Todos: xa pero era…
Melchor: ¡Mentira! Non, non… recordade, nós non contamos mentiras.
Todos: (resoplan) Bueno, está ben…
Melchor: pois nada, sen perder tempo que temos que repartir moitos xoguetes.
Baltasar: ¡Hey, colega! ¿Podo darme o piro contigo?
 P.N : ¿Quéeeeeee?
Gaspar: ¿que se podo ir contigo?
P.N : ah, si, claro.
Melchor: pois nada, ás doce e media vémonos na rúa  ¿ok?
Todos: de acordo (Vanse abrazados)
Narrador 5: Finalmente, e  como as cousas se solucionaron, á mañá seguinte os nenos atoparon todos os seus agasallos.

 

 

 

Pano