NACE XESÚS

 Personaxes:

  • Narrador. (2)

  • Anxos

  • Pastores (3)

  • Pastora

  • María

  • Baltasar

  • Melchor

  • Gaspar

  • San Xosé

 Narradores: Chega o Nadal...

 Narrador 1: ¡Ola amigos! O que agora imos contar aconteceu hai moito tempo, nun país moi lexano. 

Narrador 2: Era de noite e uns pastores gardaban o rebano.

(Os pastores están gardando o rebano)

 Narrador 1: De repente apareceulles un anxiño que lles falou así: 

Anxo: Pastores, non teñades medo. Véñovos a dar unha gran noticia: "Ide a Belén. Acaba de nacer un neno que encherá de ledicia a todo o mundo. Atoparédelo  nunha casiña moi pobre, deitado nun pequeno berce". 

Narrador 2: Neso que onda o anxo apareceu un grupo de anxos que cantaron: 

Anxos: Gloria ó Noso Deus, no alto dos ceos e na Terra Paz a xente por El amada. (bis)

 Pastor 1: ¿Oístes?

 Pastor 2: ¿Que facemos?

 Pastor 3: O anxo dixo que foramos a Belén. Collede os regalos e... ¡imos!

 Pastor 4: Adiante pastores...

 Pastores: ¡Si, si... imos todos!

 Narrador 1: Antes de que saíse o Sol, os pastores puxéronse en camiño, cara a Belén.

(O tamborileiro)

 Narrador 2: Ó chegar a Belén, de seguida atoparon unha casiña moi pobre, parecía abandonada.            

Narrador 1: Os pastores íanse aproximando con curiosidade.

 Pastor 1: Oes, mira a ver se é ese o lugar que buscamos.

 Pastor 3: Pois, pois ... vexo un home e unha muller.¡Ah! Tamén vexo a un neniño moi bonitiño deitado nunha pobre berce. ¡Tal e como nos dixo o anxo!

 Pastora: ¡Pois!  ¿Que facemos aquí? ¡Imos aló!

(Música)

 Pastor 3 (Manuel): Pois, pos... Querido Neno, eu son moi pobre e só teño o meu corazón para ofrecerche; aínda que me gustaría darche algo máis, pero... 

Pastor 1: ¡Eh, Manuel! Ti sabes facer algo moi ben. ¡Tocar o pandeiro!

 Pastores: ¡Eso, eso!

(Toca o pandeiro Manuel...)

 Narrador 2:  Mentres tanto, a noticia chegara ó deserto.

 Narrador 1: Por el cabalgaban tres homes moi bos e sabios: Os Reis Magos.

 Narrador 2: Cando chegaron onda o Neno, puxéronse de xeonllos para adoralo e despois: 

Melchor: Querido Neno, ofrézoche ouro, porque ti es Rei.

 Gaspar: Pois, eu ofrézoche incenso, porque ti es Deus.

 Baltasar: E eu, mirra porque ti es Home.

(Música)

 Narrador 1: María tomou nos brazos a Xesús e preguntou:

 María: ¿Como sabiades que estabamos aquí?

 Melchor: Temos visto unha estrela que brilaba noite e día.

 Gaspar: Así decidimos seguila.

 Baltasar: E así, temos chegado ata aquí, para adorar ó Neno.

 San Xosé: María, o Neno e eu, San Xosé, dámosvolas gracias a todos vós. E desexamos que de verdade, o Neno Xesús traia a PAZ e o AMOR a este mundo. 

Melchor: Ben, xa é hora de que nos vaiamos, para que o Neno durma. Pero antes gustaríanos cantos con todos estes pastores algunha panxoliña ó Neno. 

Pastor 3: ¡Pois veña!

(Navidad, Navidad)

 Narrador 1: Así se despediron de María, Xosé e o Neno.

 Narrador 2: María e Xosé saíron á porta para dicirlles ¡Adeus!.

 Narrador 1: O Neno quedou durmindo moi tranquilamente

(Noite de Paz)

 Narrador 2: Agora, dous mil anos despois, todos celebraremos o nacemento daquel Neno.

 Narrador 1: E todos nós desexámosvos:

 ¡¡¡Felices Pascuas!!! ¡¡¡Feliz Nadal!!!

Fin