GORRIONCETE, O PAXARIÑO QUE NON QUERÍA APRENDER

Adaptación de Lucía Escolano dun texto atopado en internet.

Personaxes:

  • 9 bolboretas

  • Mamá

  • Papá

  • Gorrioncete

  • Coello

  • Rato

  • Bufo

  • Esquío

  • Bambi

  • 5 Fillos

  • 3 ras


Representación

BOLBORETA 1ª

Un día de primavera 6 paxariños naceron,

papá e mamá paxariños moi contentos se puxeron.

MAMÁ

Piripipí, piripipó, 6 filliños teño eu.

MAMÁ

Piripipí, piripipá, vide todos, invita papá.

BOLBORETA 2ª

Os animais do bosque leváronlles os seus regalos,

déronlles moitos bicos e despois retiráronse.

COELLO

Tráiovos estas cenorias cheíñas de vitaminas,

se comedes todos os días teredes as plumiñas finas.

RATO

Son un rato xoguetón,

tráiovos estas sementes de sandía e mazá.

Deumas o meu avó, ¡ que non caian ao chan!

BUFO

Son bufo e non son moucho,

dareivos clases de voo para que poidades viaxar,

voaredes por todo o bosque, polo campo e polo mar.

ESQUÍO

Tráiovos abelás e uns champiñóns,

tamén unhas piñas cheas de piñóns.

BAMBI

Son Bambi e tróuxenvos un puñado de peliños,

se os poñedes no niño estaredes máis quentiños.

BOLBORETA 3ª

Os días foron pasando, os paxariños crecían,

e o seu papá e a súa mamá estas cousas lles dicían.

PAPÁ

Sáenvos xa as plumiñas, ídesvos facendo maiores,

por iso ides aprender a facer algúns labores.

MAMÁ

Para construír un niño collemos unhas ramiñas,

unhas follas, unhas herbas e poñémolas xuntiñas.

HIJO1º

Gústame aprender as cousas, vou fixarme moi ben,

e así, dentro duns días, poderei facelo eu tamén.

FILLO 2º

Non é doado, pero se facemos o que nos di mamá

e poñemos interese, o niño ao final sairá.

PAPÁ

Vou ensinarvos filliños a cantar con alegría,

se xuntades ben o "piquiño", sairavos unha melodía.

FILLO 3º

Pío, pío, pío, pío, canto me gusta cantar.

Pío, pío, pío, pío,¡ esta canción é total!

FILLO 4º

Pío, pío, pío pa canta canta como papá.

Pío, pío, pío pa canta e canta  e baila xa.

FILLO 5º

Estou a estudar para ir voar

aínda que, de momento, só sei saltar

¡ é moi divertido saltar e voar!

GORRIONCETE

Non me gusta facer niños, non me gusta estudar,

non me gusta aprender a voar nin a cantar.

BOLBORETA 4ª

Os seus papás enfadados, queríanlle ensinar

pero el non lles quixo nin escoitar nin mirar.

BOLBORETA 5ª

E un día Gorrioncete escapou do seu fogar,

marchou do seu niño e foise pasear.

BOLBORETA 6ª

Cando quixo comer non sabía buscar

nin lombrigas nin nada e púxose a chorar.

MARIPOSA7ª

Escoitárono as ras, fóronlle axudar,

pero Gorrioncete non sabía cantar.

RANA1ª

Amigo paxariño, ímosche axudar

buscaremos bichiños para almorzar.

RANA2ª

Pero a cambio, amiguiño, tesnos que cantar

o pío, pío, pío e o pío, pío, pa.

GORRIONCETE

Pero é que non aprendín nin a voar nin a cantar,

porque non me gustaba nin aprender nin estudar.

RANA3ª

Pois volve á túa casiña e fala cos teus papás,

e estuda moito e logo, todo o aprenderás.

BOLBORETA 8ª

E entón Gorrioncete volveu cos seus papás

e cos seus irmanciños púxose a traballar.

BOLBORETA 9ª

E todos moi contentos no seu niñiño están,

cantando o pío pío, cantando o pío pa.

TODOS

Piripipí, piripipó, Gorrioncete xa volveu,

piripipí, piripipá e con ganas de estudar.

Piripipí, piripipó, qué alegría teño eu,

Piripipí, piripipá, qué contenta está mamá.

Pano