OS CEGOS E O ELEFANTE
(Conto islámico)

Personaxes:

  • Elefante

  • Neno

  • Cego1

  • Cego 2

  • Cego 3

  • Cego 4

  • Cego 5

  • Cego 6

  • Guía

Escenografía
 

Unha cidade árabe.


Ideas para a Representación

 O elefante pode facerse de cartón recortado, con articulacións ou sen elas e sosterse cunha ou dúas tiras de madeira pegadas por atrás para movelo en escena, un neno pode suxetalo por detrás.

Os cegos deben de levar bastóns amarrados (e móbiles) a unha man. 
Cando os cegos se golpean, soamente deben dar a idea de que se pegan. 

Representación

O neno entra a escena correndo.

 Neno (Grita) ¡Un elefante! Veñan a velo, xa vén, vai pasar por esta rúa. Saían todos, veñan a velo elefante... Vai saíndo... ¡Un elefante!...

Os seis cegos van entrando amodiño a escena cos seus bastóns.

Cego un: Eu non sei como é un elefante.

Cego dous: Eu tampouco o coñezo.

Cego tres: Nin eu.

Cego catro: Gustaríame saber como é un elefante.

Cego cinco: Esperaremos a que pase por aquí e poderemos tocalo.

Cego seis: Tocarémolo coas mans. Os nosos dedos son os nosos ollos.

Guía: (Entra co elefante) Abran paso, señores, deixen pasar a este gran elefante... non lles vaia a pisar un calo.

Cego un: (Avanzando) Bo home, deixa a estes pobres cegos tocar ao teu elefante. Queremos coñecelo.

Guía: Está ben, acérquense un por un. É mansiño, non lle teñan medo. É bo.

(Regresa ao seu lugar)

Cego un: (Avanza e toca o corpo do elefante )  Ummmmm... xa me dou conta: o elefante é igual a unha parede non moi lisa.

Cego dous: (Achégase e tócalle unha pata ) Non, non é certo o que dis. O elefante é igualiño a unha árbore.

(Volve ao seu lugar)

Cego tres: ( Tócalle un colmillo ) ¡Mentira e mentira! As miñas mans dinme claramente que o elefante é moi parecido a unha lanza. (Regresa ao seu lugar )

Cego catro: (Tócalle unha orella ) Vostedes están completamente equivocados. Eu tamén o toquei e estou seguro de que é como un abanico, e os meus dedos non me enganan. (Volve ao seu lugar )

Cego cinco: (Tócalle a trompa) Pois á min non me engana ninguén; estou seguro de que o elefante é parecido a unha serpe. (Volve ao seu lugar )

Cego seis: (Tócalle a cola) ¡Ningún de vostedes sabe como é o elefante! Eu opino que é como unha corda que serve para amarrar vultos. (Regresa ao seu lugar. Todos axítanse )

Cego un: ¿Como te atreves a insultar dese xeito? Estou seguro de que é unha parede.

Cego dous: Dígolles que é unha árbore.

Cego cinco: ¡Non! ¡É unha serpe!

Cego tres: ¡Que serpe nin que nada! ¡Estou seguro de que é unha lanza!

Cego catro: ¡Mentira! É un abanico.

Cego seis: (Grita ) ¡É unha corda, unha corda!

(Todos tratan de pegar aos demais pero non sempre atinan. Faise unha gran confusión e todos falan ao mesmo tempo.)

Todos en desorde: A min ninguén me contradí... ¡Toma!... Ai, ai... pero se eu teño razón... É unha corda... É unha parede... Unha lanza, unha lanza... Non, un abanico, dígoche que un abanico... Unha árbore, é unha árbore... ¿Quen me pegou? ¡Ai as miñas costas!

Guía: (Loita por separalos e esquiva os golpes ) ¡Calma, calma! ¡Xa estean quedos!... oian... escoiten... atendan... Eu explicareilles todo. Vaise facendo aos poucos o silencio. Todos resollan, quéixanse. Todos cren ter razón, pero ningún a ten. ¿Saben por que?

Todos : ¿Por que? ¿Por que?

Sóbese sobre o elefante

Guía: Porque cada un de vostedes tocou unha parte do elefante. O que tocou o corpo pensou que era unha parede. O que tocou a perna creu que era como unha árbore. O que tocou un dos colmillos imaxinouse unha lanza. O que alcanzou a tocar a orella figurouse un abanico. O que tocou a trompa acordouse da serpe e o máis pequeno, que só alcanzou a tocar a cola, estaba seguro de que o elefante era como unha corda.

Cego cinco: Agora entendo. Si, iso foi o que pasou e nos anoxamos moito.

Guía: Anoxáronse tanto que ata de paos se deron.

Cego un: Portámonos como parvos.

Cego dous: En lugar de pensar, puxémonos tercos.

Cego tres: . . . E furiosos.

Cego catro: En lugar de tratar de entendernos.

Cego cinco: Porque todos tiñamos un pouco de razón.

Cego seis: Pero ningún tiña a razón.

Guía: Abofé, para coñecer a verdade hai que coñecer todas as súas partes.

Cego un: Dámosche as grazas, e tamén ao elefante, por ensinarnos que é mellor poñerse de acordo e tratar de coñecer toda a verdade.

Cego dous: Sexamos amigos de novo.

Cego tres: Coñezamos ben ao elefante.

(Todos van circulando ao redor do elefante tocándoo.)

Pano