A CLASE DE CEBOLIÑO

Personaxes:

  • Profe

  • Ceboliño

  • Sandra G.

  • Sandra P.

  • Antía.

(Na escola . Sentada detrás da mesa, dona Latina, a "PROFE".)

"PROFE".(Dirixíndose aos nenos que hai na clase.)   Ceboliño.  

CEBOLIÑO.— ¡ Servidor !

"PROFE".— Acércate á mesa. (CEBOLIÑO acércase.). ¿Estudiaches a lección?

CEBOLIÑO.—Si, "Profe".

"PROFE".—Pois dama. (CEBOLIÑO dálle o libro.)

"PROFE".—Pero ¿que me dás aquí?

CEBOLIÑO.—O libro.

"PROFE".—¿ E para que quero o libro?

CEBOLIÑO.—Eso vostede saberá.  Vostede pediume a lección i eu dinlla. Está aí, no libro. ¿quere que lla busque?

"PROFE".—Non gracias. Demasiado sei eu onde está. No me veñas cos teus  enredos de sempre, que te coñezo. Dime a verdade: ¿estudiaches a lección?

CEBOLIÑO.— Que si.  Profe, que si.

"PROFE".—Pois entón, contesta: ¿Como se chaman os planetas que xiran arredor do Sol? ( Pausa) Que , ¿non ó sabes?.

CEBOLIÑO.—Si que o sei, si. O que pasa é que olvidóuseme.

"PROFE".—Vouche axudar. A ver, di comigo: Mercurio...

CEBOLIÑO.—Mercurio.

"PROFE".— Venus...

CEBOLIÑO.—Venus.

"PROFE".—A Terra...

CEBOLIÑO.—A Terra.

"PROFE".— Marte...

CEBOLIÑO.—¡Ah, xa sei! Déixeme a min sólo:  Marte, mércores, xoves, venres, sábado e domingo. (Pausa) ¿ Que tal ?

"PROFE".—¡¡Moi ben!! Mellor imposible.

CEBOLIÑO.—E que a min cando me da por estudiar, non hai quen me gane. (Pausa)

"PROFE".—Ben, séntate e descansa un pouco. ¡Non vaia a ser...!

"PROFE".—Blanca.

BLANCA.—Para servir a vostede no que faga falta.

"PROFE".—Menos teatro. (Pausa) A ver... Si estás facendo unha suma e a primeira columna da doce, ¿cantas te levas?

BLANCA.—¿Se levan quen?

"PROFE".—Calquera, ti mesmo.

BLANCA.—Home, depende do que estivera sumando.

"PROFE".—Imaxínate que son cereixas.

BLANCA.—¿Cereixas? Así levaríamas todas, Profe. Non deixaría nin os ósos. (Pausa)

"PROFE".—¡¡Séntate!! ¡¡Séntate!! Que me da algo...

"PROFE".—Vou cambiar de tema a ver si así acertamos e vos podo aprobar.

Señorita  SANDRA P.  que me podería dicir do emperador Carlos V.

SANDRA G.—Pois... que naceu,  (Pausa) viviu... e morreu. ¡Claro!

"PROFE".—¡¡Moi ben!! Si señora. E de Xesucristo que  me diría.

SANDRA G.—Pois... que naceu, (Pausa) viviu... e ...

"PROFE".— ¡¡Morreu!! claro

SANDRA G.—Non ¡¡Equivócase!! Profesora a xesucristo ¡asasinárono!.

"PROFE".—ANTÍA, por favor, dígame algo da morte de Franco e xa rematamos por hoxe.

ANTÍA.—¡Ai! Síntoo moito señorita, non sabía que morrera. Pobriño, Deus o teña no ceo.

"PROFE".—Por certo sabía vostede que lle puxen un cero en coñecemento por copiar pola súa compañeira SANDRA.

ANTÍA.—E como sabe que fun eu a que copiou e non ela.

"PROFE".—Pois, porque na  terceira pregunta Sandra contestou  (Pausa) ¡¡Non sei a resposta!! E sabe o que puxo vostede.

ANTÍA.—Esquecinme.

"PROFE".—Pois contestou: ¡¡¡ EU   TAM PO U C O  A  SEI !!!

"PROFE".—Este curso me parece que vos vou suspender a todos. Nesta clase o único que traballa son eu.

SANDRA P.— Si profe, pero tamén é o único que cobra.

"PROFE".—Por certo e ti aprendiches algo en todo o curso.

SANDRA P.—Si, profe sei unha poesía que ten unha música moi bonita.

"PROFE".—Non te creo.

SANDRA P.—E verdade, e vaime axudar toda clase e o público a cantala...

"PROFE".—Pois veña...

SANDRA P.—( Empeza a cantar a canción do Shin -chan e acompáñana a clase e o público).