O caracol Cardiño.

 

Personaxes:

  • Narrador

  • Cardiño

  • Xoaniñas

  • Bolboretas

  • Caracois

  • Fadas

  • Lúa

  • Peixe

 NARRADOR.— Damas e cabaleiros imos representar a historia dun pequeno caracol que vivía neste  bosque.

 (Entran os caracois e póñense a xogar o corro. Aparecen as xoaniñas xogando e cantando. Entran as Bolboretas bailando  e cheirando ás flores). 

NARRADOR.— Tódolos animais eran moi felices neste lugar encantado porque nunca  ningún humano entrara nel. Tódolos que aquí vivían sabían de memoria a única regra que tiñan que cumprir.  

ANIMAIS.—   (Deixando de Xogar)  ¡Nunca sairemos do noso bosque!

NARRADOR.— De súpeto un berro horrible interrómpeos e míranse. 

XOANIÑAS.— ¿Que foi iso?

BOLBORETAS.— ¿Que pasa? 

CARACOIS.— ¿Que horror? 

NARRADOR.— Entra Cardiño chorando e berrando. 

CARDIÑO.— ¡Bua…! ¡Bua…! 

CARACOIS.— ¿Que che pasa? 

XOANIÑAS.— ¡Fixécheste “pupa”! 

BOLBORETAS.— ¡Dóeche a barriguiña! 

CARDIÑO.— ¡Non! ¡Non! ¡E mil veces non!  (Tírase ó chan e segue berrando) 

NARRADOR.— Cardiño corou durante horas. Os seus amigos estaban desesperados. 

XOANIÑAS.— ¡Dóenme os oídos! 

BOLBORETAS.— ¡Senón calas vas enfermar! 

CARACOIS.— Mollarémonos coas túas bágoas. 

XOANIÑAS.— ¡Afogarémonos todos! 

CARACOIS.— Temos que buscar unha solución. Temos que chamar a fada Margarida. 

TODOS.— ¡Fada Margarida! ¡Fada Margarida! (Aparece a Fada facendo unha reverencia) 

FADA.—  ¿Chamástesme amiguiños? 

CARACOIS.— ¡Ai fadiña temos un gran problema!

XOANIÑAS.— Cardiño non deixa de chorar e vai anegar o bosque. ¡Axúdanos! 

FADA.—  (Acercándose a Cardiño). ¡Ordénoche que deixes de chorar e nos digas que che pasou! 

CARDIÑO.— (Secándose as bágoas). É que fun dar un paseo e vin unha cousa.  

CARACOIS.— ¿Lume? 

BOLBORETAS.— ¡Un monstro! 

CARDIÑO.— ¡Que va! Vin a casa dos humanos! ¡Bua…! ¡Bua…!

FADA.—  ¿Acercácheste ó límite do bosque? 

CARDIÑO.— Só un pouquiño. ¡Ai fadiña, quero unha casiña con tellado e portas verdes! 

FADA.— Ti x ates unha casa coma a de tódolos caracois. 

CARACOIS.— ¡A nós gústanos! 

CARDIÑO.— ¡ Pois a min non e chorarei ata que consiga a miña casa! 

ANIMAIS.— ¡Fada axúdalle! 

FADA.— Está ben. Dareiche unha nova casa. Pecha os ollos. ¡Tachán…! Xa podes mirar.   (Cambia a concha por unha casa). 

ANIMAIS.— ¡Ohh…! 

CARDIÑO.— ¡Guau…! ¡Que bonita!  (Dá voltas ensinándoa). 

NARRADOR.— Cardiño quixo ensinar a súa casa nova a tódolos habitantes do bosque, pero os ladrillos pesaban moito e Cardiño estaba esgotado e sedento.

Chegou a noite e tódolos animais quedáronse durmidos. 

CARDIÑO.— Eu non quero durmir. Vou ó río a beber e ensinarlle a miña casa á Lúa.

(Entra á Lúa)  ¿Viches Lúa que marabilla de casa?  

LÚA.— ¡Bahh…! Eu si que vin marabillas. Iluminei Pazos e Castelos moito mellores que a túa casa. 

CARDIÑO.— (Sacándolle a lingua) ¡Antipática! 

NARRADOR.— Cardiño acércase ó río a beber. A súa casa nova pesa demasiado e ó agacharse cae á auga de cabeza. 

CARDIÑO.— ¡Socorro! 

PEIXE.— ¿Qué clase de peixe es ti? 

CARDIÑO.— Un caracol ¡axúdame! 

PEIXE.— Imposible. ¿Qué fago? 

CARDIÑO.— ¡Lúa axúdame ti! 

LÚA.— ¿Qué fago? 

CARDIÑO.— ¡Chamade a fada Margarida! 

LÚA E PEIXE.— ¡¡Fada Margarida!! 

FADA.— ¿Quen me chama? 

CARDIÑO.— ¡Fada socorro que me afogo! ¡Quítame este peso inútil! 

FADA.— se cho quito ¿Prometes non volver a chorar por parvadas e non ser caprichoso? 

CARDIÑO.— Si prométocho. 

FADA.— (Dálle a man e sácao do río). ¡Espertade amiguiños! (Todos se poñen arredor de Cardiño) ¡Este caracol deixou de ser presumido. 

NARRADOR.— Así foi como Cardiño recuperou a súa casiña de raias e deixou de ser presumido e caprichoso. 

¡¡¡E “colorín” colorado o conto do caracol Cardiño está rematado!!!