A    APRENDIZ    DE     BRUXA

  

PERSONAXES

  • PAI
  • CURUXA.
  • CHUSCO
  • GRANXEIRO
  • NENO
  • NENA
  • VOZ EN OFF

VOZ EN OFF.-( Curuxa é a bruxa máis nova de tódalas bruxas. Vive no seu pobo co seu pai que tamén é bruxo. Ela é moi atrevida e aventureira, pero ás veces tamén se quedaba distraída horas e horas..., sen pensar en nada...)

 PAI.-  (Curuxiña está sentada na habitación do pai , xogando coa escoba, pero distraída).  Curuxiña, ¿ Por que non saes a xogar? ¿Seica non te aburres aquí metida?

CURUXA.- É que está chovendo...

 PAI.- ¡ Ai esta xuventude...!  ¡ Cando eu era novo non había chuvia que nos retivese na casa! 

CURUXA.- Oíches pai,... estou pensando... que teño que teño que facer algo para perfeccionar a miña técnica feiticeira.

 PAI.- ¡Está ben! Pero non roas o pao da vasoira , porque senón non poderás voar. 

CURUXA.-  ¡ É que xa estou farta de facer sempre  as mesmas cousas! ¡ Xa son unha bruxa maior!   Se cadra.. ti.. poderíasme axudar . ¿Non cres? ( O pai segue preparando a pócema sen facerlle caso) 

PAI.-  Engadimos tres sapos, ... un rabo de lagarto e... remexemos ben. Por certo,... ¿Dicías algo filliña? 

CURUXA.-¡  Ti nunca me fas caso, nunca escoitas o que che digo! 

PAI.-  Non é iso , miña rula. 

CURUXA.-  Dicía.... , pero é igual,...tanto ten. 

PAI.-  Isto xa está a puntiño a puntiño...(Freta as mans) Perdoa, pequena,¿Que era o que me contabas?

 CURUXA.-  ¡Ves como non atendes cando che falo! 

PAI.- É  que estou traballando nun novo feitizo e non me podo entreter. Falamos máis tarde. ¿Paréceche? 

CURUXA.- ¡Un novo feitizo, un novo feitizo... ¿Queres feitizo? ¡Pois toma feitizo!  Agora vas ver...¡¡ Por tódolos sapos e mouchos, que apareza unha morea de moscas!! ... ¡¡E arañas tamén!!

(Tíranse moscas e arañas. Asómase  Chusco pola porta)

 CHUSCO.- Pss..pss..., ei, Curuxa, son eu,... ¿Non saes?

 CURUXA.-  ¡Paso!  ¡Hoxe non me apetece! 

CHUSCO.- Sae muller, que teño un notición que che contar que vas alucinar 

CURUXA.- ¡Seica non entendes o meu idioma ! ¿Ou que?. ¡Dixen que non saio e non saio! 

CHUSCO.-  ¡Xa verás cando o oias!.  Atopamos unha cova para o noso club.Creo que a debiamos ir ver enseguida. 

CURUXA.- (Ó escoitar iso  cámbialle a cara) ( A Chusco) Tés moita razón.( Ó pai e saíndo)  Papá, vou saír, veume buscar Chusco. 

PAI.- (Segue remexendo no seu beberaxe) ¡Aquí falla algo!... ¡ Ah, xa sei , fáltalle o sal, iso é ...( Bótalle sal) Un chisquiño de sal...,  ¿Dicías algo filliña? ( A filla xa non o oíu porque xa saíra con Chusco, montados na escoba, cruzan o resto da escena e entran por unha porta).( Ó levantar a cabeza ve as moscas e as arañas)

 ¡Ahhhhhhh....¿De onde saíu esta cantidade de bichos? ...¡Estas son cousas da miña  filla, de quen podían ser! Pero  vai saber o que é bo. ... Curuxa, estou farto das túas parvadas. ¿Onde te metiches? ¡Teño que lle dar unha lección a esta nena!

Asómase polo biombo) (Chama) Curuxa, Curuxiña, ¿Onde vai a miña bruxiña?   Curuxa, ven acá agora mesmo sen non queres que...Curuxa!          ( Entra de novo onde está a pota) ( Aparecen Curuxa e Chusco pola porta da dereita)

 CURUXA.-  ( Vén temblando)  ¡ Mi madre!  ¡ Os bichos!  Non debín deixar as moscas e as arañas na casa. ¡ Metinme nunha boa!....¡Adeus Chusco!             ( Asómase cara onde está o pai)  ¡ Ola, papaíño....

 PAI.- ¡Nin papaíño nin morcegos en aliño! ¡ Téñoche que dar un bo escarmento, senón nunca serás unha boa bruxa! ¡Xa está ben de facer trasnadas! A partires de hoxe acabáronse  os poderes máxicos, as palabras máxicas e a vasoira tamén.

 CURUXA.-. ¡¡ Nooon, a vasoira non, por favor. Papá, papaíño, prométoche que....

 PAI.- ¡ Que nada!  A partires de hoxe nin viaxes, nin moscas ,nin arañas, nin nada.

 CURUXA.- Papá, papaíño,...pídocho con cariño.(Ó público) ¡Que bonito me saíu!

 PAI.-  Escoita e toma nota. Para levantarche o castigo tés que ir alá, onde viven os humanos e facer algunha obra boa.

 CURUXA.-  ¡Non me fagas iso, por favor, a min non me caen ben os humanos, non os aturo. ( O pai empúrraa cara fóra. Xa na rúa)

 ¡Era o que me faltaba!.... ¡Total por unhas moscas de nada! ¡É que eu teño mala sorte! ...¡E aínda por riba ter que aguantar a eses humanos rabudos!      ( Sae o granxeiro

GRANXEIRO.-  ¡Ola nena! ¿Andas perdida? ¿Pódoche axudar en algo? 

CURUXA.- Non. (Enfadada) 

GRANXEIRO.-  Entón... ¿Qué fas por aquí?. 

CURUXA.- ¿ Eu...?  Nada, nada. 

GRANXEIRO.-  ¿Cómo que nada? 

CURUXA.-  Ben, nada, nada non, pero é unha historia moi longa... 

GRANXEIRO.- (Mirándoa de arriba a abaixo) ¿ Ti es un pouco rariña , non? 

CURUXA.- ¿Eu?... ¡Non me diga! ... ¿E... en que mo notou? 

GRANXEIRO.- ¡Non fai falta ser moi bispado! ¡ Mira que pinta traes! Se crese nas meigas, xuraría que es unha delas. 

CURUXA.-  ¿ Por que o di como se fose algo malo? ( Dáse conta de que a xente lle teme ás meigas e decide disimular diante do granxeiro)

¡ Pero mire que confundirme cunha bruxa...! ¿ Acaso me parezo a algunha?

 GRANXEIRO.- Non, non ... É pola túa roupa 

CURUXA.-  ¿ Que lle pas á miña roupa? 

GRANXEIRO.- Nada, nada pero vaiche ser mellor cambiala. Vou ver se encontro algo que che poida valer. (Entra na casa)

CURUXA.- ((Ó público) ¡Pois tomouna este coa miña roupa! ¡Este non me pode axudar a que faga unha boa acción.... aínda é el o que me axuda a min! 

GRANXEIRO.- Toma , ponte isto... ( Dálle roupa, unha saia, unha camisa...) 

CURUXA.- ¿ O que? ¡ Que teño que por isto! ¡Diso nada monada, ...nin o soñe! 

GRANXEIRO.-  Pono muller , verás que ben che queda. E... ¿Por qué levas o pelo tan suxo? Pódolle dicir á miña muller que cho lave. 

CURUXA.- ¡Isto xa é o colmo! ¡ O da roupa podería pasar, pero lavar o pelo si que non! ¡ As bruxas non poden lavar a cabeza! ( Dáse conta de que non debía ter dito isto)

Mire,... mellor váiase,...gracias pola roupa, pero váiase. (Sae o granxeiro. Ela pasea meditando)

Pois non son tan malos os humanos...., el queríame axudar...pero a que teño que facer algo bo son eu, non el.... ( Entra  nena escribindo algo nun caderno)

NENA.- ¡ Ola! 

CURUXA.- Ola... (Míraa detidamente)  ¿ Que escribes? 

NENA.- Castigáronme.  Teño que escribir cen veces que non lle vou tirar máis veces polo rabo ó meu gato. 

CURUXA.- (Ó público) ¡Xa está!... Esta é a miña oportunidade de facer algo bo... Pero pensándoo mellor.... iso é moi aburrido, ....a min non me gusta escribir... Case mellor  ... ¡Paso!  

NENA.- ¿E ... ti que fas por aquí? ( Asómase un neno e escoita o que falan. Rise) 

CURUXA.- Pois a min tamén me castigaron, teño que facer algo bo por alguén.

 NENA.-  E...¿ Por que?... ¿Qué fixeches mal?

 CURUXA.- ¿ Ti cres nas bruxas?

 NENA.-  ¡Claro que si! 

CURUXA.- ¿Teslle medo?

 NENA.- ¿E... por que llo ía ter?

 CURUXA.- É o que digo eu. Mira vouche contar unha longa historia. ( Cóntalle en baixo e entra o neno ríndose a gargalladas)

NENO.- Ja , ja,ja.....¡ Que cousas hai que oír por non ser xordo! 

CURUXA.- ¡Pois eu non lle vexo a gracia! Eu o único que quero é volver á miña casa canto antes. 

NENA.- Si, pero antes tés que facer algo bo. Non o esquezas.

CURUXA.-  Ben, eu intenteino, pero ninguén me dá unha oportunidade.

NENO.-(  Pensa durante un pouco) ¡Xa o teño! Podes pelar patacas.

CURUXA.- ¿ Patacas? ¿ Que ten que ver pelar patacas cunha boa acción? 

NENO.- Pois verás. Mañá vén un montón de xente á miña casa para comer , e miña nai ten que pelar cinco caldeiros de patacas. Pódeslle axudar. 

CURUXA.- ¡ Cinco caldeiros!  ¡Iso son moitísimas patacas! Eu...

NENO .-  Ti verás.  A min paréceme unha boa acción.

CURUXA.-  Está ben, pelarei as patacas... ( Séntase . O neno tráelle un caldeiro de patacas e ponse a pelalas. Primeiro fai que se corta. Logo empeza a bostezar e dórmese. Asómase o pai) 

PAI.-  Curuxa, curuxiña, miña bruxiña boa....

CURUXA.- ( Desprezándose) ¡Papá! ¿Viñéchesme buscar?

PAI.- Xa me enterei da túa  boa acción. Fixéchelo moi ben. E.. espero que aprendeses algo.

CURUXA.-  Claro,claro. ¿Sabes unha cousa? Os humanos non son tan malos.

PAI.-  ( Cóllea polos ombros e entran na casa) Vén, mira, a comida xa está feita 

CURUXA.- ¡Que ben, coa fame que teño!  ¿Qué hai para comer? 

PAI.-  Pois fíxenche dúas comidas: Tortilla de patacas( Curuxa vaise enoxando)  e patacas con... 

CURUXA.- Non,non,non.............¡Basta de patacas! ¡Non quero nin oír nomealas!

(Sae correndo. O pai encóllese de ombros

FIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIN