A muller e o avogado

Personaxes

  • Muller 1

  • Muller 2

  • Secretaria

  • Nena

  • Filla

  • Can

  • Avogado

                

Obra

Chegan á consulta do avogado dúas irmáns e a filla dunha delas. Recíbeas a secretaria.

 Muller1:_ ¿Hai licencia?

 Secretaria: ¡ Pase,  pase! E logo, ¿que é o que á trae por esta casa?

 Muller2:   Queríamos facerlle unha consulta ó Sr. Avogado.

 Secretaria: Séntense un momentiño que agora o aviso.

                      Mentras a secretaria avisa ó avogado a nena fala coa súa tía.

 Nena: Tía, ¿ para que se pintou hoxe?.

 Muller2 Pois, pois... para estar máis guapa.

 Nena: ¡¡Ai oh!! ¿E tarda moito en facer efecto?

 Muller2 Cala, séntate e non me amoles.

                      A secretaria vai ó despacho do avogado, chama á porta i entra para dicirlle que ten unha  visita.

 Avogado:   ¿Qué pasou?

 Secretaria: É que ten unha visita, ademáis quería comentarlle que fai un pouco chamou unha persoa e dixo si quere ser Testigo de Xehová.

 Avogado: Ben, pois dille que non vin o accidente, pero que todo é negociable. (pausa). Manda pasar a esas mulleres.

 Secretaria: Agora mesmo lles digo que  pasen.

                 (A secretaria sae da consulta e manda entrar as dúas mulleres).

 Secretaria:   Poden pasar.

 Muller 1: ¡ Oh, qué rápido nos atende!

 Muller2: Vamos entón.

                      Entran no despacho e  comentan entre as dúas mulleres sen que escoite o avogado.

 Muller1:─ ¡Ai meu Deus! Este home, se non fose polo bigote, sería igualiño a miña sogra.

 Muller2 Pero, se o avogado non ten bigote.

 Muller1 Pero a miña sogra si.

 Muller1 Por certo, por canto comprarías a miña sogra.

 Muller2 Non digas parvadas, pois por nada.

 Muller1 Pois entón trato feito.

 Avogado: ¡Dicían algo!

 Muller1 e 2: ¡Non! ¡Non!

 Avogado: E logo, ¿Qué desexan?

 Muller1:_ Señor, nos sómoslle pobres, ¿ ben o sabe? ¡ non temos outros bens que unha tendiña de cacharros diante da porta, e temos que mirar polas nosas cousas!

 Avogado:_ Ben o sei ¿E que?

 Muller1:_ Pois viñemos para que nos axudara, se quixer. A min fíxome mal un veciño, e eu quería saber se me valería a xustiza.

 Avogado:_ Pois conta, muller, conta.

 Muller1:_ Elle pouca cousa, señor, ¡ mais para min que son pobre, xa se sabe, supón moito.

 Avogado:_ ¡ Conta, conta !

 Muller1:_ O meu veciño ten un can, e hoxe rompeulle a mordiscos a "Jame boi Avance SP" da miña nena no parque. Eu quería saber, se teño dereito a lle pedir ó meu veciño os cartos da "Jame boi Avance SP".

 Avogado:_ Si, muller, si.

 Muller1:_ ¿ E daquela, como ei de facer para non perder o dereito?

 Avogado:_ ¿ Ti dixécheslle algo?

 Muller1:_ Non, aínda non lle dixen nada.

 Avogado : Pois, daquela, vaite, e dillo, e se non quere pagar, podes denuncialo.

 Muller1: Ben está, si señor, voullo dicir agora.

 Avogado: Si, muller, si, dillo.

 Muller2: E que ó can era de vostede.

 Avogado: ¡Ah!... ¿¡ Carafio!!

                      Entran en escena un can ladrando e o fillo do avogado correndo detrás do can para collelo.

 A nena: ¡¡¡Ese!!! ¡¡ ese  é o can!!

 Avogado: ¿Qué é esto este "Xaleo" Adrián? Non ves que estou ocupado.

 Fillo: Nada papá, nada, perdoa, xa me vou.

 Avogado: Por certo, ¿qué tal no colexio?

 Fillo: Papá, non o vas crer, hoxe fixen unha redacción que conmoveu a profe.

 Avogado: Ah, si.

 Fillo: Díxome que daba pena. (pausa e dirixíndose cara a saída). ¡¡Esquecíame!!, hoxe tes que me facer un problema de matemáticas.

 Avogado: Non estaría ben.

 Fillo:  Pero inténtao polo menos

Avogado: ─ ¡Ai estes nenos!. (pausa) Perdoen as molestias e volvendo ó noso ¿E canto vale unha "Jame boi Avance SP"

 Muller1: Valíalle 4.000 pesos, señor. ( O  avogado abre ó caixón e tíralle o diñeiro encima da mesa). ( A nena acércase e colle os cartos).

 Avogado: ¿Quedamos pagos?.

 Muller2: Quedamos, si señor, moitas gracias, ¡vaia pola alma dos seus defuntos!. (As irmas márchanse e cando chegan a porta dille o avogado.)

 Avogado¡ Oíu, señora! Esqueceuse unha cousiña. ¿E vostedes non saben, que os avogados non lle andamos de balde, que tamén cobramos por traballar? Agora tócalle a vostede: Ten que me deixar 5.000 pesiños pola consulta.

 Muller1: Vaia, "po" tío.

 Muller1-2 e nena: ¡¡¡Os pobres sempre perdemos!!!

 Avogado e secretaria: Os casos a veces gañanse, a veces pérdense, pero sempre, sempre  se cobran.