A MOA

Personaxes:

  • Aldeán
  • Señoríta 1
  • Señorita 2
  • Camareiro
  • Dentista


Representación

(Rúa dunha cidade cunha entrada de restaurante na dereita e unha consulta de dentista na esquerda). Entra un aldeán pola dereita con xesto de doerlle unha moa.

ALDEÁN :  ¡Ai de min!. Descansado estaba na miña aldea ao servicio dun muiñeiro; pero dixéronme que estaba aquí, na cidade , Fernando Alonso. Facíame moita ilusión velo “en carne e óso” polo menos unha vez na vida. Pedínlle permiso ao patrón e ..................aquí estou. Xa vin a Fernando Alonso e .....................éche un home coma os demais.

Agora só me quedan 10 euros e, por riba, dóeme unha moa. Se dou os 10 euros para que ma saquen,... quedo sen comer, e morro de fame; se os gasto en xantar, seguirame doendo a moa. ¿que fago?. ¡Sonche ben desgraciadiño, oh!.

(Nisto sae un camareiro e coloca o cartel do menú do día na porta do seu restaurante. O aldeán quédase mirando embobado).

Entran dúas señoritas e quédanse mirando a actitude do infeliz diante do cartel. 

SEÑORITA 1ª  :  ¡Oye tú, paleto!  ¿Qué, nunca viste un menú de un restaurante?

ALDEÁN  :   Pois a verdade moitos non teño visto, pero ademais con tanta variedade, asegúrolles que non. Sería capaz de comerme todo.

SEÑORITA 1ª  :  Bueno, pero eso sería en varios días y en diferentes comidas.

ALDEÁN  :   ¿Que din vostedes?

SEÑORITA 1ª  :  ¿Qué si sería capaz de comer todo lo del menú en una sóla   comida?

ALDEÁN  :  ¿Quen?  ¿eu? , pois ........ non sei. Penso que comería os 6 pratos e as 3 sobremesas en menos de 30 minutos.

SEÑORITA 1ª  :  (Despois de indicar a Srta. 2ª que a sobremesa é o postre).

¡Os 6 pratos e as 3 sobremesas en menos de 30 minutos!. ¡Ja, ja, ja! ¿has oido?. Dice que comería todo lo escrito en el cartel en menos de 30 minutos.

SEÑORITA 2ª  :  (Ríndose. Ao camareiro). ¿Usted qué opina?

CAMAREIRO : A min paréceme unha barbaridade.

ALDEÁN  :  ¡Bah!, axiña se espantan vostedes. ¿Por que non facemos unha aposta?.

SEÑORITA 2ª  :  ¿Qué apostarías?

ALDEÁN  :  Cartos non teño; mais estou tan seguro de gañar a aposta que, ... deixaríame quitar unha moa se non son quen de comer todo o que está aí no menú.

SEÑORITA 1ª  : Aceptada, ya puedes contar con que te quedas sin muela.

ALDEÁN  :  Iso xa o veremos.

CAMAREIRO : (Ríndose). Ben, parece que a cousa vai en serio.

SEÑORITA 2ª  :  Esto se pone bueno, menuda risa vamos a pasar.

ALDEÁN  :  ¿Podo escomenzar?

SEÑORITA 1ª  : Sí, sí; cuando quieras. Usted, camarero, háganos el favor de ir poniendo los platos en la mesa para que coma, porque yo con la risa  no soy capaz ...

CAMAREIRO : Non o fará. (Ao aldeán). Podes escomenzar amigo.

ALDEÁN  :  Pois .... ¡Ao ataque! (Ponse a comer de seguido un prato tras outro).

CAMAREIRO : (Despois dun rato o camareiro vai nomeando todo o comido).

A sopa de verduras, a empanada, os callos, o yogurt; caldo, tortilla, carne ao caldeiro , flan,....

ALDEÁN  :  ¡Ai, ai!. ¡Non podo máis!. Doume por vencido.

SEÑORITA 1ª  : ¿Así que, has perdido la apuesta?

ALDEÁN  :  Sí.

SEÑORITA 2ª  : (Ríndose tamén). En ese caso,.... la muela, ... ya sabes ¿no?.

ALDEÁN  :  ¿Que remedio?. Perdín a aposta e debo cumprila.

SEÑORITA 1ª  : No perdamos tiempo. Voy a llamar al dentista para que te la saque. ¿Creías quizá que te ibas a marchar tan campante?. ¡Pues te has equivocado amigo!. Aquí, quien pierde paga. (Achégase á porta do dentista).

¡Dr. Jiménez!.. ¿Puede bajar un momento y traer unas tenazas, que tiene un cliente esperando?

DENTISTA : (Dende dentro). Xa vou.

CAMAREIRO : Ea señoras, que xa está ben a broma. Déixeno marchar en paz.

ALDEÁN  :  ¡Non!, ¡iso si que non!. Perdín a aposta e teño que pagala.

SEÑORITA 2ª  : ¿Lo oye Vd?. El paleto es honrado,... además, muela más, muela menos, ¿qué importa?.

DENTISTA : (Saíndo cunha bata manchada de sangue, unha toalla, un garrote e unhas tenazas). ¿Quen é o paciente?

ALDEÁN  :  Son eu.

DENTISTA : ¡Sente aquí!. (Senta o aldeán, ponlle a toalla ao redor do pescozo, coma se o fose afeitar).

ALDEÁN  :  ¿Para que é o tarugo ese que trae na man?

DENTISTA : Nada, estea  tranquilo, isto só é por se non fai efecto a anestesia.

ALDEÁN  :  ¡Ah, ben, vale!

DENTISTA : A ver, ¡abra a boca! ¿Qué moa é?

ALDEÁN  :  (Sinala cun dedo a moa que lle doe). (O dentista arrima as tenazas a súa boca , e fai acción de tirar). ¡Aaaahhhhh, aaaaahhhhh, .....! (Levántanse os dous co impulso).

DENTISTA : Pois nada, mira que está ben agarrada a condenada. ¡Ímolo volver intentar!. ¡Sente de novo! (O dentista arrima as tenazas a súa boca , pon o xeonllo no peito do aldeán e fai acción de tirar).

ALDEÁN  :  ¡Aaaahhhhh, aaaaahhhhh, .....!

DENTISTA : (O dentista ten a moa nas tenazas) ¿Doe moito?

ALDEÁN  :  Un pouco, un pouco.

DENTISTA : (Collendo o garrote e movéndoo ). ¿Queres un pouco de anestesia?

ALDEÁN  :  Non, non, parece que vai  pasando.

DENTISTA : ¡Boeno, pois xa está!. Aquí a tes. ¡menudas raices!. Toma, se queres podes facerte un colgante ou un anel.

ALDEÁN  :  (Colléndoa e gardándoa). Grazas. (Levántase e fai ademán de marchar). Ben, ata outra.

DENTISTA : ¡Eh, eh!, un momento, oia, e a min, ¿quen me paga o traballo?

ALDEÁN  :  Diso encárganse esas dúas señoritas.

SEÑORITA 1ª  : Sí, nosotras le pagaremos. JA, JA, JA, ...

CAMAREIRO : E a min , ¿quen me paga todo o que se comeu?

ALDEÁN  :  Diso fale coas señoritas que foron as que me convidaron.

SEÑORITA 2ª  : Sí, nosotras le pagaremos. JI, JI, JI, ...

ALDEÁN  :  (Dirixíndose ao público).

      ¡A isto chámolle eu ter sorte!. Enchín o bandullo  e sacáronme a moa que me doía.  ¡E todo gratis!. Matei dous paxaros dun tiro e aquí seguen os 10 euros.

      (Sinalando ás que rían). Mira como rin. O que non saben as que se rin de min, é que fun eu o que me rin delas. Ata sempre.

Pano