OS CINCO DEDOS

Personaxes:

  • MAIMIÑO

  • MATAPIOLLOS

  • DEDO DO ARO

  • FURABOLOS

  • MÁIS GRANDE DE TODOS

No chan do escenario aparecen pintadas, a grandes rasgos, as siluetas dos Cinco Dedos da Man.

 PRESENTACION:

Pois si. Este señor que estades a ver, con bigote e todo, non é un señor. É UN TERRITORIO: O territorio da MAN (xestos, movendo a man). Poderedes observar que nel móvense cinco habitantes, quero dicir CINCO DEDOS.

É ben sabido que en todos os territorios habitados hai problemas. E no territorio da MAN non faltaron. Pero serán eles mesmos, os dedos/habitantes quen llelo van contar .

(Van aparecendo na escena. Cada Dedo-Actor situarase no interior do Dedo que lle corresponda).

o MAIMIÑO  Eu son O Maimiño,o mais pequeniño.

o MATAPIOLLOS Á vista dos vosos ollos preséntase o Matapiollos.

o DEDO DO ARO Para que quede ben claro, eu son o Dedo do Aro.

o FURABOLOS  Eu chárnome Furabolos

o MÁIS GRANDE DE TODOS  Eu o máis Grande de Todos.

 ESCENA PRIMEIRA E ÚNICA

o DEDO DO ARO (Aparece cun anel de ouro e diamantes. Móstrao ostentosamente) Eu son un Dedo importantísimo. Excelentísimo. Máis que Dedo son DEDÍSIMO. O Dedo das Revistas do Corazón. O Dedo dos aneis de ouro e pedras preciosas que lucen as marquesas e as estrelas do cine. Un Dedo resplandecente e aristocrático. Non como outros Dedos que o único que saben facer é mallar nos piollos...

o MATAPIOLLOS (Mentres o Dedo do Aro está a/alar, el ocúpase en matar piollos. Ó escoitar as últimas palabras érguese e diríxese ó Dedo do Aro):  ¿Qué estás a dicir, Dedo “pijo”, quincalleiro e presumido? Non conseguirás avergonzarme. Eu sempre fun o azoute dos piollos. Defendín as cabezas da xente pobre e impedín as pragas deses agresivos animaliños. Se non fose por min as túas marquesas pasarían a súa vida rascándose o cabezolo.

o DEDO DO ARO Non sabes o que dis , anano bazunchón. ¡Anda vai pasear cos teus piollos e as túas pulgas!

o MATAPIOLLOS Os teus insultos e desprezos non me aflixen. Son anano, Matapiollos e Matapulgas. E a moita honra. -

o MAIMIÑO (Ata agora calado e quieto no seu espacio, diríxese ó Dedo do Aro) O Matapiollos ten toda a razón.

o DEDO DO ARO (Facendo burla). "O Matapiollos ten toda a razón", "0 Matapiollos ten toda a razón". Mira quen falou. Un esfameado, un petapouquiño que non sirve para nada.

o MAIMIÑO Dásme pena, Dedo do Aro, dásme pena. E non por seres Dedo, senón por esquecido. Paréceme que o único que ten valor para ti é o ouro.

o FURABOLOS { lntervén por primeira vez) O Maimiño non di máis que a verdade. Con tanto ouro, con tanta arrogancia, estás a esquecer o que verdadeiramente es...: un Dedo da Man, un bo Dedo da Man, como todos nos.

o DEDO DO ARO Sí, un Dedo da Man, pero un Dedo dourado. A xente rica, a xente importante, escólleme. Eu son o preferido, o preferente. A min vístenme sempre de ouro e pedras preciosas (móvese facendo xestos de ostentación, dándose moita importancia).

o MÁIS GRANDE DE TODOS {lntervén na discusión). Agora tócame falar a min. Atendede ¿non é certo que os Dedos formamos unha Dedocracia?

da Man

 o MAIMIÑO ¿Que quere dicir unha Dedocracia?

o MÁIS GRANDE DE TODOS Que no territorio da Man Común , formamos unha sociedade de Dedos. ¡Pero uns somos máis Dedos que outros!

o FURABOLOS ¿ Que queres dicir con iso de que uns somos máis Dedos que outros?

o MÁIS GRANDE DE TODOS Quero dicir que na Dedocracia ten que haber unha xerarquía, uns niveis de importancia. 

o MATAPIOLLOS Ou sexa, Dedos dourados e Dedos apiollados, Dedos apreciados e Dedos despreciados. Dedos esbeltos que andan pola vida coa cabeza estirada, mirando con altanería, e Dedos malfeitos, bazunchos, ananos e fracos. ¿E iso o que queres dicir?

o MÁIS GRANDE DE TODOS  Mira, Matapiollos, sen despreciar a ninguén , pero non é o mesmo ser un Matapiollos que ser un Dedo dourado e diamantino. E non é o mesmo ser anano e gordecho, que ser alto e forte coma min.

o FURABOLOS Non estou de acordo. Os Dedos da Man somos diferentes, pero todos igualmente necesarios e útiles no territorio da Man Común.

somos

o MAIMIÑO  Iso mesmo penso eu. O territorio da Man Común, para funcionar perfectamente, precisa de todos e cada un de nos.

o MATAPIOLLOS  Claro. Por exemplo, eu axudo ó Furabolos a coller un bolígrafo e desta maneira a nosa Man pode escribir con máis facilidade.

o MAIMIÑO E se a nosa Man quere escribir a máquina ou nun teclado de Ordenador, todos podemos colaborar e ser útiles ¿non si?

            Sí, Sí pero o ouro tamén ten o seu valor, ...

o FURABOLOS E se quere tocar a guitarra, ou o piano ¿que? ¿Non somos todos necesarios e útiles? Que 110 pregunten ó Mestre Rodrigo ou a Mozart.

o MATAPIOLLOS E tódolos Dedos colaboramos cando a nosa Man busca e estreita a outra Man amiga.

o MAIMIÑO E para todo iso, o Territorio da Man Común non necesita ter aneis de ouro nos seus Dedos.

o DEDO DO ARO

o FURABOLOS  Por suposto que ten o seu valor. Pero ti es quen realmente vales como Dedo. O ouro non é o Dedo. Ti es o Dedo. O ouro é de quita e pon.

o MÁIS GRANDE DE TODOS Pero non me negarás que eu son o Dedo Máis Grande de Todos.

o MATAPIOLLOS Si, pero esa cualidade non che fai superior a ningún outro Dedo. Resulta moi axeitado que no territorio da Man Común uns Dedos sexan altos, outros baixos, uns gordos e outros fracos. Así é como conseguimos o Equilibrio Dedocrático e unha fermosa variedade.

o MAIMIÑO Penso que a cousa está ben clara, para quen queira entendela.

o DEDO DO ARO  Ben, ben. A verdade é que eu nunca pensara nestas cousas. Creo que agora comezo a apreciaros un pouquiño máis. Iso de escribir no ordenador e o de tocar a guitarra e o piano... Si, teño que recoñecer que eu nunca pensara nestas cousas.

o DEDO MÁIS GRANDE A min pásame o mesmo. Creo que agora todos nos comprendemos mellor. Eu tamén me sinto máis cerca de todos vos.

o MATAPIOLLOS  Eu tamén me sinto rnáis cerca de todos vos. Estou disposto a axudar a quen o precise. .Se a alguén lle pica o cabezolo que avise

FURABOLOS Pois agora, se vos parece, irnos

Dedos).

A MAN (dirixíndose ó público, xunto cos dedos):

Coas nosas rnans, irnos todos saudar! 

 celebrar a nosa unión. (Xúntanse tódolos dedos)

COS nosos dedos, irnos .todos bicar!

Coas nosas mans e brazos, irnos todos abrazar! jCoas nosas mans, irnos todos aplaudir!

Fin

CALO IGLESIAS. Seminario Galego de Educación para a Paz