ÁREA DE EDUCACIÓN FÍSICA E. PRIMARIA

BLOQUE: XOGOS PREDEPORTIVOS

UNIDADE: Iniciación ó rugby 9

TEMPORALIZACIÓN:

MATERIAL E INSTALACIÓNS: Conos, balóns de rugby, petos, portería.

ORGANIZACIÓN ALUMNOS: Individual, parellas, gran grupo.

CICLO:Terceiro

NIVEL:5º - 6º

CONTIDOS PRINCIPAIS:

  1. Introducción ó rugby.
  2. Técnica individual. Pase, defensa, melé, avant.
  3. Xogo do rugby.

TÉCNICAS  DE ENSINO: Guiado.

ANIMACIÓN

  • Xogo da pita por parellas: Un escapa co balón e o outro intenta tocalo coas dúas mans, se o colle cámbianse os papeis.

1

2

Imaxes orixinais da URBA

 PARTE PRINCIPAL

  Técnica individual: Pase, defensa, melé

  • A bolboreta:  Dous filas no mesmo lado dun cadrado, unha con balón. Saen os dous primeiros o mesmo tempo ata o cono do lado oposto, xirán e tópanse no centro facendo un pase sen avant. O que recibe o balón pasa entorpedo ó 1º da fila, este repite o exercicio. (fig 1)

  • 3x1. Tres xogadores atacan e un defende.
  • 3x2. Tres xogadores atacan e dous defenden.
  • Simbolizar a melé.
    • Dous xogadores collidos polos ombros empúxanse o ser metido o balón entre eles.
    • Por tríos, un empuxa ós outros dous que están collidos polos ombros. Ponse o balón entre os dous e o que empuxa debe sobrepasalo.
    • Colocados en melé collidos polos ombros cun balón detrás de cada grupo. A unha sinal deben levar o balón a liña de marca antes que o outro equipo (non se poden dar máis de tres pasos co balón.

  Xogo colectivo.

  • Xogo total entre dous equipos en cancha de baloncesto. Conséguese un tanto ó tocar co balón trala liña de ensaio do equipo contrario.
    • Consignas:
      • O que ten o balón pode desprazarse ata ser tocado por un adversario.
      • Se cae o balón ó chan cambia de equipo.
      • O balón hai que pasalo para atrás.
      • Os inicios de xogada fanse con pateo.
      • Nas sancións pódese escoller saque de touch.
    • Variante: Ó ser tocado coas dúas mans, antes de pasar o balón, considérase como placaxe e pérdese a posesión do mesmo. Ó ser tocado prodúcese unha situación de ruck ou maul.

 VOLTA A CALMA

  • Realizar a Haka que prepararon ante o equipo contrario..

 

OBSERVACIÓNS