ÁREA DE EDUCACIÓN FÍSICA E. PRIMARIA

BLOQUE: XOGOS PREDEPORTIVOS

UNIDADE: Iniciación ó rugby 8

TEMPORALIZACIÓN:

MATERIAL E INSTALACIÓNS: Conos, balóns de rugby, petos, portería.

ORGANIZACIÓN ALUMNOS: Individual, parellas, gran grupo.

CICLO:Terceiro

NIVEL:5º - 6º

CONTIDOS PRINCIPAIS:

  1. Introducción ó rugby.
  2. Técnica individual. Pase, defensa, touch, avant.
  3. Xogo do rugby.

TÉCNICAS  DE ENSINO: Guiado.

ANIMACIÓN

  • Xogo "Interceptar o balón". Colocados en círculo, con dous defensas no interior  (fig 1), deberase pasa-lo balón sen que sexa interceptado polos defensas.

    • Consignas: Non se pode pasar ós xogadores contiguos. Ocuparemos o lugar do xogador ó que lle pasamos.

1

2

Imaxes orixinais da URBA

 PARTE PRINCIPAL

  Técnica individual: Pase, defensa

  • Pase rápido:  A mesma colocación que no exercicio anterior. Os xogadores  do interior (que están de costas entre eles) pásanlle o balón os do exterior en orden correlativos o máis rápido posible. O xogador que queda con dous balóns na man perde e pasa ó centro.

  • Túnel de exercicios: Dous grupos, un equipo fai o túnel situándose a metade a cada lado e deixando un pasillo de 6 m.. O outro equipo debe paser polo túnel para recibir dun lado o balón e pasalo cara o outro. A volta reciben e pasan o revés. (fig. 2).

  • 2x1. Dous xogadores avanzan a liña de marca e un trata de tocar o que ten o balón.

  Xogo colectivo.

  • Comentar cando se produce un saque de touch e facer algún ensaio do mesmo.

  • Xogo total entre dous equipos en cancha de baloncesto. Conséguese un tanto ó tocar co balón tras a liña de ensaio do equipo contrario.
    • Consignas:
      • O que ten o balón pode desprazarse ata ser tocado por un adversario.
      • Se cae o balón ó chan cambia de equipo.
      • O balón hai que pasalo para atrás.
      • Os inicios de xogada fanse con pateo.
      • Nas sancións pódese escoller saque de touch.
    • Variante: Ó ser tocado, antes de pasar o balón, considérase como placaxe e pérdese a posesión do mesmo. Ó ser tocado prodúcese unha situación de ruck ou maul.

 VOLTA A CALMA

  • Roda no centro e berro de guerra. Preparar a Haka.

  • Busca pelotas. Catro nenos metidos dentro dunha corda atada polos dous extremos tiran cada un para unha esquina tratando de mover as pelotas situadas nos vértices dun cadrado. Gaña o que mova antes a pelota.

OBSERVACIÓNS