ÁREA DE EDUCACIÓN FÍSICA E. PRIMARIA

BLOQUE: XOGOS PREDEPORTIVOS

UNIDADE: Iniciación ó rugby 7

TEMPORALIZACIÓN:

MATERIAL E INSTALACIÓNS: Conos, balóns de rugby, petos, portería.

ORGANIZACIÓN ALUMNOS: Individual, parellas, gran grupo.

CICLO:Terceiro

NIVEL:5º - 6º

CONTIDOS PRINCIPAIS:

  1. Introducción ó rugby.
  2. Técnica individual. Pase, ruck, avant.
  3. Xogo do rugby.

TÉCNICAS  DE ENSINO: Guiado.

ANIMACIÓN

  • Xogo "Os gardiáns". Un defensor na liña de marca que só se pode mover en paralelo a mesma. Os demais xogadores tratán de entrar a gol, de un en un, sen ser tocados. O que é tocado convértese en defensor. Así ata que non hai atacantes. (fig 1)

1

2

Imaxes orixinais da URBA

 PARTE PRINCIPAL

  Técnica individual: Pase

  • Pase en carreira:  Os alumnos colocados en dúas filas en paralelo mirando cara a liña de gol. A fila de adiante vaise pasando o balón e ó chegar ó último pásalla á de atrás que se adiantará e repetirá o exercicio. Así sucesivamente. (fig 2)

  • Xogo: O balón numerado: Disposición similar á do xogo do "Pano". Os xogadores nomeados sairán a coller o balón lanzado polo xuíz desde o centro, levaranno ata a liña de marca sen ser placados (tocados coas dúas mans). Poderase nomear máis de 1 número.

  Xogo colectivo.

  • Comentar cando se produce a situación de ruck (melé espontánea) durante o xogo.

  • Xogo total entre dous equipos en cancha de baloncesto. Conséguese un tanto ó tocar co balón tra-la liña de ensaio do equipo contrario.
    • Consignas:
      • O que ten o balón pode desprazarse ata ser tocado por un adversario. Ó ser tocado ponse en posición de ruck e apoia o balón no chan.
      • Se cae o balón ó chan cambia de equipo.
      • O balón hai que pasalo para atrás.
      • Os inicios de xogada fanse con pateo.
    • Variante: Ó ser tocado, antes de pasar o balón, considérase como placaxe e pérdese a posesión do mesmo.

 VOLTA A CALMA

  • Roda no centro e berro de guerra. Preparar a Haka.

  • Busca pelotas. Catro nenos metidos dentro dunha corda atada polos dous extremos tiran cada un para unha esquina tratando de mover as pelotas situadas nos vértices dun cadrado. Gaña o que mova antes a pelota.

OBSERVACIÓNS