ÁREA DE EDUCACIÓN FÍSICA E. PRIMARIA

BLOQUE: XOGOS PREDEPORTIVOS

UNIDADE: Iniciación ó rugby 6

TEMPORALIZACIÓN:

MATERIAL E INSTALACIÓNS: Conos, balóns de rugby, petos, portería.

ORGANIZACIÓN ALUMNOS: Individual, parellas, gran grupo.

CICLO:Terceiro

NIVEL:5º - 6º

CONTIDOS PRINCIPAIS:

  1. Introducción ó rugby.
  2. Técnica individual. Pase, maul, avant.
  3. Xogo do rugby.

TÉCNICAS  DE ENSINO: Guiado.

ANIMACIÓN

  • Quecemento co balón. Ocupar media cancha de baloncesto, estar en continuo movemento. O que ten o balón da 3 pasos con el e pasa cara atrás. Pasado certo tempo introdúcense máis balóns en xogo.

  • Xogo de pase/concentración: Colocados en círculo, coas mans en alto, pasamos o balón a un xogador que teña as mans elevadas (ó recibir un pase báixanse). Deberemos recordar de quen recibimos e a quen pasamos. Aumentamos a dificultade do xogo metendo máis pelotas no círculo. (fig 1)

1

2

3

Imaxes orixinais da URBA

 PARTE PRINCIPAL

  Técnica individual: Pase, pateo

  • Pase en carreira:  Dispostos en fila de a 1, saímos correndo cara adiante recibindo por un lado e pasando polo outro. Voltamos á fila repetindo o exercicio. (fig 2)

  • Pase en velocidade: Dispostos en catro filas. Os primeiros de cada fila saen ata unha linha a 40m pasando o balón sen avant. O chegar ó final volven pasando o balón máis rápido. (fig. 3)

  Xogo colectivo.

  • Comentar cando se produce a situación de maul durante o xogo.

  • Xogo total entre dous equipos en cancha de baloncesto. Conséguese un tanto ó tocar co balón tra-la liña de ensaio do equipo contrario.
    • Consignas:
      • O que ten o balón pode desprazarse ata ser tocado por un adversario. Ó ser tocado ponse en posición de maul.
      • Se cae o balón ó chan cambia de equipo.
      • O balón hai que pasalo para atrás.
      • Os inicios de xogada fanse con pateo.
    • Variante: Ó ser tocado, antes de pasar o balón, considérase como placaxe e pérdese a posesión do mesmo.

 VOLTA A CALMA

  • Roda no centro e berro de guerra. Preparar a Haka.

  • XOGO de Transporte da pataca: Consiste en leva-la pelota de rugby na fronte por parellas en carreira de relevos.

OBSERVACIÓNS