ÁREA DE EDUCACIÓN FÍSICA E. PRIMARIA

BLOQUE: XOGOS PREDEPORTIVOS

UNIDADE: Iniciación ó rugby 5

TEMPORALIZACIÓN:

MATERIAL E INSTALACIÓNS: Conos, balóns de rugby, petos, portería.

ORGANIZACIÓN ALUMNOS: Individual, parellas, gran grupo.

CICLO:Terceiro

NIVEL:5º - 6º

CONTIDOS PRINCIPAIS:

  1. Introducción ó rugby.
  2. Técnica individual. Pase, pateo balón, avant.
  3. Xogo do rugby.

TÉCNICAS  DE ENSINO: Guiado.

ANIMACIÓN

  • Recordar a regra número 12.

  • Cruces: Xogadores alineados en 4 columna, 1 detrás de outro, formando un un cadrado. (fig. 1)

    • Consignas: Saír correndo cara a fila oposta e tocalo no peito para darlle relevo

    • Deixarlle o balón no peito.

    • Deixarlle o balón golgado.

    • Pase sen avant no centro do cadro.

    • Deixar o balón no chan, o outro recólleo.

    • Aumentar a velocidade dos exercicios.

1

Imaxes sacadas da URBA

 PARTE PRINCIPAL

  Técnica individual: Pateo de balón.

  • Pateo do balón:  Formar grupos de 7/8 xogadores, cun balón por grupo, e practicar distintas formas de patear: Pateo con pé estirado; pateo a bote pronto; pateo en horizontal o chan para que o balón suba no 3º bote.

  • O reloxo con pateo: 2 grupos: Un no medio do campo formando un círculo, pasando o balón colgado no sentido do reloxo ó compañeiro máis próximo e contando as voltas que dá o balón; o otro patea o balón cara a portería por riba do longuerio, non finaliza ata que todo o equipo consiga patear con éxito. Cambio de roles.

  Xogo colectivo.

  • Xogo total entre dous equipos en cancha de baloncesto. Conséguese un tanto ó tocar co balón tra-la liña de ensaio do equipo contrario.
    • Consignas:
      • O que ten o balón pode desprazarse ata ser tocado por un adversario.
      • Se cae o balón ó chan cambia de equipo.
      • O balón hai que pasalo para atrás.
      • Os inicios de xogada fanse con pateo.
    • Variante: Ó ser tocado, antes de pasar o balón, considérase como placaxe e pérdese a posesión do mesmo.

 VOLTA A CALMA

  • Roda no centro e berro de guerra. Preparar a Haka.

OBSERVACIÓNS