ÁREA DE EDUCACIÓN FÍSICA E. PRIMARIA

BLOQUE: XOGOS PREDEPORTIVOS

UNIDADE: Iniciación ó rugby 4

TEMPORALIZACIÓN:

MATERIAL E INSTALACIÓNS: Conos, balóns de rugby, petos.

ORGANIZACIÓN ALUMNOS: Individual, parellas, gran grupo.

CICLO:Terceiro

NIVEL:5º - 6º

CONTIDOS PRINCIPAIS:

  1. Introducción ó rugby.
  2. Técnica individual. Pase, defensa, avant.
  3. Xogo do rugby.

TÉCNICAS  DE ENSINO: Guiado.

ANIMACIÓN

  • Proxección do video dunha Haka.  Comentarlles que deben preparar unha Jaka.

  • Recordar a regra número 12.

  • Xogo do "tontito" en grupos de 5, 1 interfire ós outros 4 o pase do balón.

    • Variante: Só se pode facer un pase baixo.

 

 PARTE PRINCIPAL

  Técnica individual: Pase,defensa.

  • Relevos co balón, pasando cara atrás. Grupos de 6/8 xogadores colocados en fila, o 1º corre ata unha marca e da a volta para entregar o balón ó seginte da fila cun pase cara atrás (o que está na fila deberá saír antes cando se aproxima o compañeiro co balón.

  • Roubo de balón: Dous equipos, dous círculos amplos con 2/3 balóns dentro. Cada equipo debe tratar de roubar ós balóns do contrario e levalos ata a liña de fondo do seu campo, sen ser tocados. Se son tocados, volven a empezar desde o seu campo.

  Xogo colectivo.

  • Xogo total entre dous equipos en media cancha de baloncesto. Conséguese un tanto ó tocar co balón tra-la liña de ensaio do equipo contrario.
    • Consignas:
      • O que ten o balón pode desprazarse ata ser tocado por un adversario.
      • Se cae o balón ó chan cambia de equipo.
      • O balón hai que pasalo para atrás.
    • Variante: Ó ser tocado, antes de pasar o balón, considérase como placaxe e pérdese a posesión do mesmo.

 VOLTA A CALMA

  • Roda no centro e berro de guerra.

  • Busca pelotas. Catro nenos metidos dentro dunha corda atada polos dous extremos tiran cada un para unha esquina tratando de mover as pelotas situadas nos vértices dun cuadrado. Gaña o que mova antes a pelota.

OBSERVACIÓNS