ÁREA DE EDUCACIÓN FÍSICA E. PRIMARIA

BLOQUE: XOGOS PREDEPORTIVOS

UNIDADE: Iniciación ó rugby 3

TEMPORALIZACIÓN:

MATERIAL E INSTALACIÓNS: Conos, balóns de rugby, petos.

ORGANIZACIÓN ALUMNOS: Individual, parellas, gran grupo.

CICLO:Terceiro

NIVEL:5º - 6º

CONTIDOS PRINCIPAIS:

  1. Introducción ó rugby.
  2. Técnica individual. Pase, defensa, avant.
  3. Xogo do rugby.

TÉCNICAS  DE ENSINO: Guiado.

ANIMACIÓN

  • Recordar a regra número 12.

  • Xogo dos dez pases.

 

 PARTE PRINCIPAL

  Técnica individual: Pase,defensa.

  • Dispostos en 2 filas paralelas, saen os primeiros pasándose alternativamente o balón.

    • Variante: O mesmo pero evitando o avant.

  • Defensa do tesouro: Dous gupos de 4/5 . Un grupo fora dun círculo amplo, o outro desde dentro tratan de saír cada un cun balón e levalo ata un cono exterior sen ser tocado.

    • Os tocados volven a empezar.

  • Variante: O equipo atacante empeza a xogar fora do círculo, 1º deberá en trar sen ser tocado e despois saír co balón ata un cono.

  Xogo colectivo.

  • Xogo total entre dous equipos en media cancha de baloncesto. Conséguese un tanto ó tocar co balón tra-la liña de ensaio do equipo contrario.
    • Consignas:
      • O que ten o balón pode desprazarse ata ser tocado por un adversario.
      • Se cae o balón ó chan cambia de equipo.
      • O balón hai que pasalo para atrás.

 VOLTA A CALMA

  • Roda no centro e berro de guerra.

  • XOGO de Transporte da pataca: Consiste en leva-la pelota de rugby na fronte por parellas en carreira de relevos.

OBSERVACIÓNS