ÁREA DE EDUCACIÓN FÍSICA E. PRIMARIA

BLOQUE: XOGOS PREDEPORTIVOS

UNIDADE: Iniciación ó rugby 1

TEMPORALIZACIÓN:

MATERIAL E INSTALACIÓNS: Conos, balóns de rugby, petos.

ORGANIZACIÓN ALUMNOS: Individual, parellas, gran grupo.

CICLO:Terceiro

NIVEL:5º - 6º

CONTIDOS PRINCIPAIS:

  1. Introducción ó rugby.
  2. Técnica individual. Pase.
  3. Xogo do rugby.

TÉCNICAS  DE ENSINO: Guiado.

ANIMACIÓN

  • Datos históricos sobre o rugby.

  • Obxectivo do xogo.

  • Toma de contacto co balón. Manosealo, lanzalo, recepcionalo en grupos de 4/5 e sempre en movemento ocupando todo o espacio.

 

 PARTE PRINCIPAL

  Técnica individual: Pase

  • Colocados en grupos de número impar i en círculo, pasa-lo balón:

    • Pase curto (o balón vai en vertical) ó compañeiro do lado.
    • Pase longo ao 2º xogador máis próximo.
  • Xogo do reloxo:
    • Dous grupos: un, en círculo, pásase o balón con pases curtos e contan as voltas que da o balón; outro fai carreira de relevos, arredor deste, ata correr tódolos compoñentes. Cambio de roles, gaña o equipo que corra en menos voltas.

  Xogo colectivo.

  • Partido entre dous equipos en media cancha de baloncesto. Conséguese un tanto se recibimos o balón detrás da liña de ensaio do equipo contrario.
    • Consignas:
      • O que ten o balón non pode moverse.
      • Se cae o balón ó chan cambia de equipo.
    • Variante:
      • O que ten o balón pode desprazarse ata ser tocado por un adversario.

 VOLTA A CALMA

  • Roda no centro e berro de guerra.

  • Xogo da Bomba: En círculo todo o grupo pásase o balón nun sentido, no centro está un compañeiro que conta ata 30, cando chega a esa cifra grita bomba, e quen teña a pelota ten que sentarse no seu sitio. Continúa o xogo ata que faltan dous por sentar.

     

OBSERVACIÓNS