Introducción ó Rugby
Sesións de rugby

Fotos terceiro tempo 26/04/06 (A Zamorana)

Historia

 O rugby naceu como moitos outros xogos, da imaxinación dos antigos gregos, pero adquiriu o seu carácter deportivo en Francia. Os antecesores do rugby foron o pheníndo e o harpastum gregos, desenvolvidos máis tarde polos romanos, nos que xa se utilizaban fintas, pases e placaxes, ideais, segundo a época, para fortalecer todas as partes do corpo, cuxo obxectivo era levar o balón, denominado harpasto -, máis aló da liña de fondo do adversario. As lexións romanas levaron o xogo ás illas británicas, aínda que outras prácticas con balón polo medio en Inglaterra remontábanse ás lendas celtas. En Francia, na Normandía, Bretaña ou Picardía do século XI xogábase á soule, de parecidas características ás do footbal inglés da Idade Media. Guillermo o Conquistador levou a Gran Bretaña a soule nun tempo en que, con frecuencia, as contendas deportivas dexeneraban en pequenas batallas, que levaron ás autoridades a prohibir a práctica deste deporte ou, polo menos, restrinxir estes partidos a certos días da semana.

Co Renacemento desenvolveuse o calcio, variante do football, e a soule en Italia; xogo, o italiano, en que os equipos contaban con 27 xogadores distribuídos en 4 liñas: dianteiros, medios, tres cuartos e defensas.

Nas illas británicas, malia a prohibición, o footbal saíu adiante grazas á afección de mozas colexialas e viaxeiros que regresaban de Italia, onde practicaran o calcio, tan parecido ao seu footbal. Os colexios e universidades foron os impulsores do deporte ao comezo do século. En 1823 ocorreu o referido feito de que William Webb Ellis, alumno do Rugby College, colleu, durante un partido de fútbol, o balón coas mans e levouno ata a portería contraria; un símbolo, máis que outra cousa, como xa quedou dito.

Co paso dos anos fíxose necesario unificar as regras, polo menos, dentro de propio¡ colexio, tal era o número de variantes do football . Neste sentido o Rugby College foi un dos pioneiros e, así, en 1846, viron a luz as primeiras " Regras do Fútbol que se xoga na escola de Rugby', das que, a modo de exemplo, a regra XXXII rezaba: 'Todo partido que logo de cinco ou tres días xogo non teña ningún punto marcado será declarado nulo".

Representantes dos seis grandes colexios ingleses reuníronse para tratar de crear un regulamento unificado, dos que Eton, Harrow e Westminster declaráronse partidarios do xogo ao pé; Rugby e Madborough votaron polo fútbol pola vella, - con placaxes e xogo á man -, mentres que Shrewsbury quedou indeciso. Eton avogaba por un fútbol sen cargas nin placaxes, formas habituais na disputa do balón, ademais solicitaba que se prohibise a práctica de correr co balón nas mans. Rugby rompeu as conversacións.

 En 1871 fundouse a Rugby Football Unión e neste mesmo ano realizouse un primeiro regulamento, pois xa se difundiu a práctica deste deporte, especialmente nas universidades e escolas, e a partir de 1872 comezáronse a realizar eventos anuais, entre Cambridge e Oxford, salvo durante a Primeira Guerra Mundial.

 A fins do Século XIX estableceuse o Torneo das Cinco Nacións: Escocia, Irlanda, Inglaterra, Gales e Francia. En 1908, o rugby inclúense nos  Xogos Olímpicos, e posteriormente en 1920 e 1924, (en ambos anos E.E.U.U. gañou a medalla de Ouro), pero non se mostrou demasiado interese por este evento.

 En 1954 realizáronse os primeiros campionatos da FIRA, nos que tomaron parte Francia, Italia e España. Estes non volveron celebrarse ata 1965-1966, pero a partir desta data, fanse cada ano.

Durante a segunda metade do século XX desenvolvéronse numerosas técnicas e teorías sobre como xogar mellor ao rugby e difundiuse o xogo en varios países do mundo.

 En 1906 en París, o rugby tivo o seu debut internacional co partido que disputaron Inglaterra e Francia, con victoria británica de 35 a 8.

A mediados do S. XIX, o rugby foi levado a E.E.U.U., e alí popularizárase xa o fútbol (Soccer), polo que pronto, xurdiu outro deporte mestura de fútbol e rugby, o chamado Fútbol Americano, con regras formuladas cara a 1870 polos xogadores do equipo da Universidade de Harvard. O primeiro partido xogouse en 1874.

A copa do mundo inaugural xogouse en Australia e Nova Zelandia en 1987 e resultan Campións Os All Blacks, ao derrotar o equipo neocelandés a Francia na final. Os All Blacks interpretan unha Haka (cántico en maorí acompañado de movementos agresivos e xestos ameazantes) que conclúe cun berro final e un salto,  antes de cada partido.

 A segunda edición xogouse en Francia e Gran Bretaña en 1991,. Alí Australia venceu a Inglaterra na final. E o terceiro campionato celebrouse en Sudáfrica, neste evento o equipo anfitrión derrotou aos All-Blacks na final.

 A Selección Arxentina "Os Pumas" foi bautizada con ese nome polo semanario sudafricano "The Weekly Farmer's", pois o xornalista chamou puma ao yaguareté que adorna o escudo da camiseta arxentina.

En 1991 tamén houbo unha copa do mundo feminina, cando doce nacións competiron en Cardiff, Gales. A final gañouna Estados Unidos que derrotou a Inglaterra. Este campionato reflectiu o gran interese das mulleres no xogo, que crecera incesantemente nas décadas de 1970 e 1980. Xogouse moito en escolas e universidades.  

Durante a segunda metade do século XX houbo un gran desenvolvemento de técnicas e teorías sobre como xogar mellor ao rugby. O rugby continúa sendo un deporte afeccionado, pero houbo numerosas discusións sobre as vantaxes e inconvenientes dos pagos extras e compensacións aos xogadores e o tema do profesionalismo encuberto. Como noutros deportes e xogos, os intereses comerciais (patrocinadores e publicidade), tiveron gran influencia.

Ligazóns de utilidade:


Regulamento da federación galega.en .pdf (5Mg)

Regulamento coas 22 regras publicado pola International Rugby Board

Web española co regulamento en liña, adaptado a rugby 7.

Programa de adestramento para rugby xuvenil  de Carlos Bernardos.

Federación Galega de Rugby, F.G.R.

ARVO, páxina web do gran equipo de rugby de Ourense

U.R.B.A. Unión de rugby de Buenos Aires. Historia, curiosidades, exercicios, regulamentos, curso de adestrador...

Índice de 50 exercicios e xogos de adestramento da URBA.

Web dos ALL Blacks (Nueva Zelandia) na que se poden baixar vídeos de "Haka".