ó exame

1.- No DCB de Primaria, editado pola Xunta de Galiza, podedes atopar os perigos principais que hai que comentar: real e subxectivo (este último é olvidado pola maioría dos opositores). Asemade non deberíades esquecer falar da progresión no aprendizaxe.

2.-  Segundo Karl Pock, no seu libro sobre “Ximnasia Básica”, na realización desta viravolta o practicante enlaza os brazos cos dos axudantes (asas) e voltea adiante de pé. É interesante que na descrición dos exercicios non vos esquezades de facer “monitos”.

3.- Contidos traballados co Korfball: 

  • O máis importante é o transversal de coeducación (educación non sexista).

Tamén son válidos practicamente tódolos que nomeedes dos bloques II e V de contidos.

Actividades para traballalo: 

  • Moitos dos xogos que usamos en baloncesto:

    • Xogo dos 10 pases, O reloxo, Bomba, KAO,O tontiño ...

    • Tódalas actividades nas que se use o pase de balón coas mans.

    • ...

4.- É o primeiro modelo que formula un sistema de bucle pechado, é decir,, que posúe sistema de retroalimentación ou o que é o mesmo é capaz de utilizar os datos dos seus resultados para modificar o modelo mental. 

Interesante comentar e facer un esquema relacional dos elementos principais:

-EFECTOR,  RECEPTOR,  ELEMENTO DE CONTRO,  COMPARADOR, CODIFICADOR, REGULADOR.

EXEMPLO:

O exemplo haino que indicar para un grupo e actividade concreta.. 

5.-  Deberíase indicar que se trata dun alumno con n.e.e. polo que é necesario facer unha ACI (se se xustifica que non a necesita tamén pode valer). Non está demais que se nomeen os pasos a seguir na elaboración da ACI. 

Hai que comentar como vai repercutir o idioma e a deficiencia visual no desenvolvemento das clases de E. Física.

As actividades por bloques fixéstela case todos ben.

A principal Lexislación a ter en conta:

Orde do 27 de decembro de 2002 pola que se establecen as condicións e criterios para a escolarización en centros sostidos con fondos públicos do alumnado de ensino non universitario con necesidades educativas especiais

Orde do 20 de febreiro de 2004 pola que se establecen as medidas de atención específica ó alumnado prodecente do extranxeiro

Orde do 6 de outubro de 1995 pola que se regulan as adaptacións do currículum nas ensinanzas de réxime xeral. 

6.-  

A).- Actividades extraescolares. Están fóra do horario lectivo.

B).- Programación Xeral Anual. Todas estas actividades (extraescolares) deberán contar, alomenos, cos seguintes requisitos:

* Aprobación do C. Escolar.

* Autorización escrita dos pais/nais ou titores legais.

* Os alumnos serán acompañados polo profesorado correspondente na proporción dun profesor por cada unidade. Poderá un profesor acompañar máis dunha unidade sempre e cando o total de alumnos non pase os 25 en educación infantil ou primaria.

Cando se organicen actividades extraescolares non previstas na PXA, será necesaria a súa aprobación polo equipo directivo, tralo informe, se é o caso, do equipo destas actividades, dando conta ao C. Escolar na reunión seguinte que se efectúe. Polo tanto sería necesario buscar profesorado do centro que colabore e acompañe ao alumnado no desenvolvemento da actividade.

*  Incluír unha unidade didáctica específica dentro da programación.

* Falar coa Xefatura de estudios para comprobar a viabilidade da actividade (non hai exames programados, non hai outras saídas previstas, etc..)

* Informar da actividade ao coordinador/a de actividades complementarias e extraescolares.

* Reunir aos pais/nais do alumnado para explicar a actividade e o prezo da mesma.

* Contratar o autobús que nos traslade ao lugar correspondente.

C).- LOXSE, LOE, Regulamentos orgánicos:

    • Decreto 374/1996 do 17 de outubro (ROC infantil e primaria)
    • Orde 22 de xullo de 1997 (desenvolvemento ROC inf. e primaria)
    • Decreto 7/1999 do 7 de xaneiro (ROC dos centros públicos integrados)
    • Orde do 3 de outubro de 2000 (desenvolvemento ROC dos CPIs)

D).- Vai depender moito das actividades que queiramos desenvolver. A Resposta hai que contextualizala en relación coas respostas suxeridas na seguinte resposta.

E).-  Valorase a coherencia da proposta. Debe incluír como mínimo:

            * Xogos de presentación

* Unha actividade de marcha.

            * Todo o relacionado coa acampada (montaxe e desmontaxe das tendas de campaña, loxística, lumes, …)

            * Cando menos unha actividade de orientación (con mapas ou compás)

            * Diferentes xogos relacionados co medio natural.

* Diferentes xogos populares.

É interesante que a proposta de actividades se plasme nun horario.

F).- A fundamentación en xeral fixéstela ben, a pesar de que houbo quen dixo que non era adecuada a idade dos alumnos (pódese facer con nenos de 1º ciclo, Invernadoiro, Manzaneda, ...) e incluso que dixo que era imposible porque implicaba a varios Centros (para eso está a coordinación).

G).- Chamar ao 061

      Unha vez evacuado a un centro sanitario informar aos pais do alumno/a e ao centro.

 7.- Deberedes tratar os seguintes apartados no orden ou xeito que quixérades:

 Fundamentación do seu uso.

Como uso exclusivo do mestre.

Como elemento integrado nas UD a desenvolver.

Normas para usar a informática na E. Física:

8.- Decreto 245/92 do 30 de xullo polo que se establece o currículo de E. Primaria na C. Autónoma de Galicia (DOG 14 – 08 -92.). O horario semanal está no  Artigo 8º: primeiro ciclo EF 2,5 horas, 2º e 3º 2 horas.