ás respostas

 

PROCEDEMENTO SELECTIVO PARA INGRESO NO CORPO DE MESTRES Orde do 10 de marzo de 2006 – D.O.G.  nº 51 do 14 – 03 - 2006

ESPECIALIDADE EDUCACIÓN FÍSICA  -  GALICIA

 

1-       Como trataría a eliminación de riscos na área de Educación Física?. 

2-       Describa en que consiste a “viravolta de asas”. 

3-       No segundo trimestre do curso temos pensado iniciar ao alumnado de terceiro ciclo no korfball (balonkorf). Cales serán os contidos principais do currículo oficial que nos propoñemos traballar? Exemplifique brevemente tres actividades que nos sirvan para traballar accións motrices do korfball. 

4-       Pick, afirmaba que para poder ensinar ao alumnado debemos saber como aprender. Polo tanto, elaboráronse unha serie de modelos que explican como se pode levar a cabo a aprendizaxe motora. Explique dentro destes modelos o MODELO BERNSTEIN. Exemplifique a resposta. 

5-       Protocolo a seguir se temos na aula de educación física un alumno do 1º curso do 2º ciclo de primaria, procedente de Bulgaria que presenta un déficit sensorial de tipo visual de grao alto. Este alumno permaneceu un ano máis no primeiro ciclo, con medidas de reforzo educativo, sen superar os obxectivos de ciclo. Deseñar unha actividade para cada un dos diferentes bloques temáticos. Lexislación a ter en conta. 

6-       Vostede é profesor/a de educación física nun centro de primaria de dúas liñas. No mes de setembro chega a un acordo cos profesores/as de educación física doutros tres centros educativos para desenvolver dúas xornadas completas de convivencia no medio natural co alumnado do 2º curso do 3º ciclo en días lectivos e fóra da localidade, saíndo do centro ás nove horas do primeiro día e regresando ás dezanove horas do segundo. En total participarían 156 alumnos/as. Está convocado a unha reunión conxunta para planificar a actividade. Conteste ás seguintes cuestións:

A).- En que tipo de actividade habería que encadrar estas xornadas?

B).- Indique todos os requisitos e/ou permisos necesarios para a súa realización.

Xustifique a súa resposta.

C).- En que normativa se recolle todo o referido ás cuestións anteriores?

D).- Que características, ao seu entender, debe reunir o entorno onde se desenvolverá a actividade?

E).- Elabore unha proposta de actividades a desenvolver durante esas dúas xornadas que contemple tamén a realización de algúns xogos populares. (Inclúa horario).

F).- Xustifique teoricamente a viabilidade do proxecto.

G).- Imaxine que durante o desenvolvemento da actividade un/unha alumno/a sofre un “golpe de calor”. Describa as actuacións a desenvolver dende ese momento. 

7-       O uso das novas tecnoloxías na área de educación física: propostas idóneas para a súa introdución. 

8-       Fundamento legal da distribución horaria na área de educación física en Primaria. Horario semanal.