ÁREA DE EDUCACIÓN FÍSICA E. PRIMARIA

BLOQUE: XOGOS PREDEPORTIVOS

UNIDADE: Iniciación ó fútbol sala.

TEMPORALIZACIÓN:

MATERIAL E INSTALACIÓNS: Balóns de fútbol sala, pista de fútbol sala, petos 

ORGANIZACIÓN ALUMNOS: Individual, parellas, grupo.

CICLO: Terceiro

NIVEL: 5º - 6º

CONTIDOS CENTRAIS:

§         Conducción do balón co pé.

§         Lanzamentos e recepcións co pé.

§         Xogos predeportivos. 

TÉCNICAS  DE ENSINO: Guiado.

 

ANIMACIÓN:

§      Quecemento xeral:

§      Por parellas un fai de modelo e o outro ten que imitar todo o que fai.

§      Por parellas un escapa e o outro ten que pillalo, unha vez conseguido cambianse os papeis.

§      Xogo libre, por parellas, con balóns de fútbito.

 

 

 PARTE PRINCIPAL: 

1.      Pases:  

§      Cruzar o campo pasándose o balón por parellas, ó final do percorrido tiran a porta. 

2.      Conducción/tiro: 

§      Por parellas, un conduce o balón e o chegar ó área tira, o outro fai de porteiro. Os tiradores pasan a ser porteiros e os porteiros recollen o balón e van para a zona dos tiradores. 

3.      Torneo de fútbol de tres equipos: 

§      Dous equipos enfréntanse e o outro fai exercicios co profesor. O equipo que gaña segue xogando e o que perde pasa a facer os exercicios. 

 VOLTA A CALMA: 

·        Estiraramentos variados.

  

 

OBSERVACIÓNS