ÁREA DE EDUCACIÓN FÍSICA E. PRIMARIA

BLOQUE: XOGOS PREDEPORTIVOS

UNIDADE: Iniciación ó baloncesto

TEMPORALIZACIÓN:

MATERIAL E INSTALACIÓNS: Balóns de baloncesto, pista de baloncesto, petos 

ORGANIZACIÓN ALUMNOS: Individual, parellas, grupo.

 CICLO: Terceiro

NIVEL: 5ª - 6º

CONTIDOS CENTRAIS:

§         Control de balón.

§         Lanzamentos e recepcións.

§         Xogos predeportivos. 

TÉCNICAS  DE ENSINO: Guiado. 

 

ANIMACIÓN:

 

§      Quecemento xeral.

 

§      Xogo de Polis e cacos: Catro grupos. ¿ que grupo colle os demáis en menos tempo?. 

 

 

 PARTE PRINCIPAL:

 1.      Pása-la ponte: 3 grupos de 8 situados en fila e un enfrente que fai de pasador. O pasador dalle o balón o primeiro da fila que debe agacharse e pasar por entre as pernas dos seus compañeiros ata o final da fila e desde ahí lanzar o balón polo aire ó pasador. Así ata que pasan todos pola ponte. 

2.      Xogo do pasador: Grupos de seis. Distribuense cinco aros en forma de pentágono. Un pasador entrégalle o balón a un compoñente do grupo e éste debe devolvelo desde cada aro. Cando acaba un neno vai o seguinte do grupo e así ata que van todos. 

3.      Relevos a canasta: Catro grupos enfréntanse dous a dous facendo relevos a canasta. Non se pode dar o relevo ata encestar na canasta.

 VOLTA A CALMA: 

Vesti-lo aro: En círculo e collidos pola man hai que ir pasando a aro nunha dirección determinada se soltarse das mans. Cada certo tempo introducense máis aros. Para facelo máis dificil introducimos aros máis pequenos e grupos de aros xuntos.

 

 

 

OBSERVACIÓNS