ÁREA DE EDUCACIÓN FÍSICA E. PRIMARIA

BLOQUE: XOGOS PREDEPORTIVOS

UNIDADE: Iniciación ó bálonmán. 1

TEMPORALIZACIÓN:

MATERIAL E INSTALACIÓNS: Balóns de balonmán, pista de balonmán, petos.

ORGANIZACIÓN ALUMNOS: Individual, parellas, gran grupo.

CICLO:Terceiro

NIVEL:5º - 6º

CONTIDOS PRINCIPAIS:

  • Conducción do balón coa man.

  • Lanzamentos e recepcións coa man.

  • Xogos predeportivos.

TÉCNICAS  DE ENSINO:Guiado.

ANIMACIÓN

Quecemento xeral:

Principalmente da cintura escapular, moverse na área de tiro.

Pasa-lo balón: Todo o grupo de clase en movemento e pasándose o balón por orden de número de clase. Cada pouco métese un balón máis no grupo.

 

 

 PARTE PRINCIPAL

Pés quedos:  En gran grupo, un alumno envía o balón ó aire decindo " O meu peor enimigo é...." Ó nomeado ten que ir polo balón e cando ó colle debe decir "¡¡pés quedos!!" o resto debe quedar no sitio esperando a que o neno nomeado tire a dar a un deles, podendo dar tres pasos antes de tirar. 

Bote e pase: En filas enfrentadas, os primeiros saen botando o balón e o chegar a cinco metros da outra fila pásanlle o balón ó primeiro, éste debe repetir o exercicio. Así duas voltas. 

Bote e tiro: Unha roda con dous grupos, un grupo no centro do que  sae botando o balón un membro ata a porta e tira o chegar ó área, do outro grupo sae un porteiro que intenta para-lo balón. Ó acabar a xogada o porteiro vai o grupo dos tiradores e o tirador pasa ó grupo dos porteiros. 

Partidillo de balonmán: Explícanse as regras básicas: pasos, zona de tiro, uso da man, xogamos cunha pelota blanda.

 

 VOLTA A CALMA 

  • Torneo de penalties.

OBSERVACIÓNS