Teoría de Bádminton
Sesións de bádminton

HISTORIA e regulamento Moi completa e interesante segundo José Antonio Cotán (baixar en formato .zip, en castelán)

GOLPES

 Dereitos: Execútanse polo lado dereito do corpo, coa palma da man cara adiante.

  •  con man alta ( lob, deixada e remate)

  •  con man baixa (servizo, lob ,deixada e devolución do remate)

  •  con man horizontal ( drive)

De revés: Execútanse polo lado esquerdo do corpo, co dorso da man cara adiante.

  •  con man alta ( lob, deixada e remate)

  •  con man baixa (lob, deixada, servizo e devolución de revés)

  •  con man horizontal ( drive)

Ao redor da cabeza: Golpéase co brazo dereito por detrás e á esquerda da cabeza. A palma da man cara adiante

  •  con man alta (lob, deixada e remate)

 COLOCACIÓN NO CAMPO

  •  En simples, o xogador deberá colocarse no centro do terreo.

  •  En dobres, a colocación dependerá do sistema táctico elixido polos xogadores

 Os DESPRAZAMENTOS

  •  Ó fin de obrigar ao adversario a que se desprace continuamente debe golpearse alternativamente cara ás catro esquinas

  •  A fórmula a seguir é a de CORRER-DETERSE-GOLPEAR.

 GOLPES DE BASE

O Lob:

            A traxectoria que seguirá o volante é alto e lonxe cara ó campo do contrario, tratando que caia finalmente en vertical xunto á liña de fondo..

A deixada ou drop:

            É un golpe de precisión e finura no que se busca facer caer o volante xusto detrás da rede no momento no que o contrario retrocedeu. 

O smash:

            É o golpe ofensivo por excelencia. A súa traxectoria é recta; o punto de contacto co chan do contrario dependerá da distancia do xogador que executa o golpe da rede e da altura do volante no momento do contacto coa raqueta.

 O drive:

            É un golpe que trata de envia-lo volante cunha traxectoria máis ou menos horizontal. O golpeo do volante efectúase entre o xeonllo e o ombreiro.

 UTILIZACIÓN DOS GOLPES EN INDIVIDUAIS E EN DOBRES 

GOLPE

INDIVIDUAL

DOBRES

Saque

Ancho e alto.

Variante: Saque curto e eventualmente saque en drive para sorprender

Curto e cinguido á rede. Variantes: Drive saque alto para sorprender

Lob

Moi utilizado. Altérnanse lobs ofensivos e defensivos

Non se utiliza xamais. A veces un lob ofensivo

Deixadas

Altérnanse cos lobs

Utilízase con frecuencia. Alternar deixadas curtas e lentas con deixadas de remate

Final

Utilízase cando el punto es seguro

Sempre que xurda la ocasión

Drive

Non se utiliza, case. É bo para a devolución dun remate.

É o golpe máis utilizado. Debe ser rápido e baixo. Evita que o contrario ataque

Xogo en la rede

Utilízase moito: Sérvenos para retardar o xogo e evitar o ataque

Utilízase frecuentemente. Non tanto como en individuais

En xeral

Xogar o volante á espera do mellor momento

Ataque a ultranza. Golpear cunha preparación mínima